Skip to Content

Admisión e matrícula

Listaxes definitivas de alumnado admitido para o curso 2019-2020

Publicamos as listaxes definitivas de persoas admitidas para o vindeiro curso 2019-2020. Non hai listaxe de 2º ESO porque non hai vacantes nese curso.

No mes de xuño publicaranse as datas de matrícula.

Listaxes provisionais de alumnado admitido para o curso 2019-2020

Xúntanse as listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas.
O prazo de reclamación abrangue do día 25 de abril ao 2 de maio inclusive, sempre en horario de atención ao público en secretaría.
NOTA. A listaxe de admitidos/as en 1º de bacharelato da modalidade de sociais e humanidades non diferencia entre ambos itinerarios, por ese motivo aparecen admitidas persoas con menor puntuación (opción humanidades) que outras non admitidas (da opción de sociais).

Admisión de novo alumnado para o curso 2019-2020

O día 1 de marzo comeza o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para o próximo curso. O prazo remata o día 20 do mesmo mes.

Nos documentos adxuntos pódese atopar toda a información e documentación relativa ao proceso (lexislación, calendario, impresos...)

 

Alumnado de centros adscritos admitido en 1º de ESO

No arquivo adxunto aparecen relacionados alfabéticamente as alumnas e alumnos dos centros CEIP Canicouva e CEiP Pintor Laxeiro que están admitidos en 1º de ESO para o curso 2019-2020.

Datas e horarios de matrícula Setembro 2018

As datas e horarios serán as seguintes:

   - Alumnado de ESO.- Xoves 6, de 16:30 a 20.00 horas e Venres 7, de 9:00 a 14:00 horas.
   - Alumnado de bacharelato (diurno).-Venres 7, de 9:00 a 14:00 horas.
   - Alumnado de bacharelato adultos.- Ata o 14 de setembro (preferiblemente antes do 10)
   - Alumnado de ESA.- Ata o 24 de setembro

Prazos de matrícula - Xuño 2018

As datas de matrícula para o alumnado que se pode matricular en xuño son as seguintes:

DÍASCURSOS
27 e 28 xuño2º, 3º e 4º ESO
29 xuño e 2 xullo2º Bacharelato
3 e 4 xullo1º Bacharelato
5 e 6 xullo1º ESO
25 xuño ao 10 xulloESA (Educ. Secundaria Adultos) e Bacharelato Adultos

NOTA: a partir do 25 de xuño estarán dispoñibles os sobres na conserxería coas instruccións necesarias para facer a matrícula.

Admisión 2018/2019. Listaxes definitivas

Publicamos as listaxes de persoas admitidas para o curso 2018/19 e os prazos para formalizar a matrícula. Consultar no arquivo adxunto.

Listaxe definitiva de admitidos/as nas Probas Libres ESO - convocatoria Maio 2018

Publicamos a listaxe definitiva de persoas admitidas nas probas libres da ESO para a convocatoria de maio 2018. O exame celebrarase o día 25 de maio de 2018, ás 8:30 h. (pola mañá) no IES República Oriental do Uruguai - rúa Coutadas nº 54, Vigo; telef. 986 272324.

Mapa situación

Admisión de novo alumnado para o curso 2018-2019. Listaxes provisionais

Xúntanse listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas. O prazo de reclamación en caso de desacordo coa puntuación outorgada é de cinco días hábiles a partir de hoxe, sempre en horario de atención ao público en secretaría.

Listaxe provisional de admitidos nas Probas Libres ESO - convocatoria Maio 2018

Publicamos a listaxe provisional de admitidos e excluidos nas probas libres da ESO para a convocatoria de maio 2018, así como o prazo de reclamación e data e lugar do exame.

Distribuir contido


by Dr. Radut