Skip to Content

Admisión e matrícula

Admisión de novo alumnado para o curso 2018-19

O día 1 de marzo comeza o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para o próximo curso. O prazo remata o día 20 de marzo.

Nos documentos adxuntos pódese atopar toda a información e documentación relativa ao proceso (lexislación, calendario, impresos...)

Organización ESO e Bacharelato. Cadros aclaratorios

Publicamos os cadros explicativos da organización dos estudos de ESO e Bacharelato presentados nas reunións do pasado xoves 8 de febreiro.

Reunións informativas xoves 8 de febreiro

Durante a primeira quincena do mes de febreiro o alumnado debe cumplimentar unha prematrícula para o curso 2018/2019. Para orientar tanto ao alumnado como ás familias no que respecta a itinerarios, materias e modalidades, celebrarase unha reunión informativa para aqueles que o desexen o xoves 8 de febreiro no paraninfo do instituto:

Probas libres da ESO

Xa saiu publicada no DOG a resolución que convoca as probas libres para a obtención do título de graduado en ESO.

Convocatoria de maio

Prazo de matrícula: Do 12 ao 23 de marzo de 2018, ambolos dous incluídos.

Letras: da M a Z, ambalas dúas incluídas.

Data do exame: Venres 25 de maio.

Matrícula setembro 2017

A matrícula de diúrno e adultos organizarase como segue:

Diúrno: 1º e 2º de bacharelato e ESO

  • 7 e 8 de setembro

Adultos bacharelato

  • Ata o 15 de setembro (preferentemente antes do 10)

Adultos ESA

  • Ata o 22 de setembro

Prazos de matrícula - Xuño 2017

As datas de matrícula para o alumnado que se pode matricular en xuño son as seguintes:

  • 28 e 29 de xuño - 2º, 3º e 4º de ESO
  • 30 de xuño e 3 de xullo - 2º de bacharelato
  • 4 e 5 de xullo - 1º de bacharelato
  • 6 e 7 de xullo - 1º de ESO
  • do 25 de xuño ao 10 de xullo ESA e bacharelato de adultos (os que poidan matricularse en xuño)

Admisión de novo alumnado para o curso 2017-18 - Listaxes definitivas

Xúntase documento coas listaxes definitivas de admitidos e excluídos no proceso de admisión externa para o curso 2017/18, xunto cos prazos de matrícula.

Admisión de novo alumnado para o curso 2017-18 - Listaxes provisionais

Xúntanse listaxes provisionais de admitidos e non admitidos. O prazo de reclamación en caso de desacordo coa puntuación outorgada é de cinco días hábiles a partir de hoxe, sempre en horario de atención ao público en secretaría.

Admisión de novo alumnado para o curso 2017-18 - Acalaracións sobre o baremo

Xúntase documento coas instrucións da Consellería para baremar a renda per cápita no proceso de admisiṕon de novo alumnado para o curso 2017-18.

Admisión de novo alumnado para o curso 2017-18 - Entrega de documentación

Ante a necesidade de baremar por haber máis solicitudes que prazas, e tal como indica a orde, deberán entregar documentación acreditativa do baremo todos solicitantes de praza no IES Santa Irene, agás os de 2º de bacharelato de Ciencias. O prazo remata o 6 de abril.

Distribuir contido


by Dr. Radut