Skip to Content

1 de setembro, apertura do prazo extraordinario de matrícula para ensinanzas de Persoas Adultas

O 1 de setembro comeza o prazo extraordinario de matrícula para cursar estudos de 1º ou 2º de bacharelato no réxime de adultos e mais para a Educación Secundaria de Persoas Adultas, en concreto, ESA3 e ESA4, que son os cursos que ofertamos no IES Santa Irene.

Sobre de matrícula: a recoller na conserxería do centro.

BACHARELATO

- Do 1 ao 20 de setembro de 2023.

- Prazo extraordinario para o alumnado que remate estudos de secundaria no 1º cuadrimestre do curso 2023/24: do 15 ao 28 de febreiro de 2024.

 ESAIII e ESA IV

- 1º cuadrimestre: do 1 ao 8 de setembro de 2023 para o primeiro cuadrimestre.

- 2º cuadrimestre: do 9 e o 19 de xaneiro de 2024 para o alumnado de nova incorporación ao centro no segundo cuadrimestre.

Máis información: RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación para persoas adultas, bacharelato para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso académico 2023/24.

 



story | by Dr. Radut