Skip to Content

Seccións bilingües

Que son as seccións bilingües?

Unha sección bilingüe consiste na organización do ensino dunha área ou materia non lingüística da educación primaria, da educación secundaria obrigatoria ou do bacharelato, que se cursa nun nivel por un grupo de alumnado e dun xeito bilingüe, dentro do enfoque AICLE/CLIL (aprendizaxe integrada de contidos e linguas). A materia impártese na lingua cooficial que corresponda, segundo a normativa vixente, e nunha lingua estranxeira falada na Unión Europea.

A incorporación da lingua estranxeira na sección bilingüe acadará un mínimo dun 50 por cento.

Seccións bilingües no IES Santa Irene

Curso

Materia

Idioma

1º ESO

Bioloxía e Xeoloxía (3 h)

Inglés

2º ESO

Física e Química (3 h)

Inglés

Plazas ofertadas por curso

Máximo de 30 alumnos/as.

Criterios de selección do alumnado

Se o número de solicitantes fose maior que o número de plazas dispoñibles os criterios de selección, por orde de prioridade, serán os seguintes:

  1. Cualificación final da materia de lingua inglesa do curso 2023-2024.
  2. Cualificación media do curso no que estivese matriculado/a o/a alumno/a no curso 2023-2024.

Auxiliares de conversa

É un programa complementario de apoio e colaboración de profesorado nativo prioritariamente nos Centros Plurilingües, Seccións Bilingües e Escolas Oficiais de Idiomas para posibilitar a práctica da conversa oral, proporcionar un modelo de corrección lingüística e achegar ó alumnado e profesorado á cultura do seu país. No IES Santa Irene participará un auxiliar de conversa en inglés.

Cando e onde inscribirse?

Prazo de matrícula oficial: desde o 24 de xuño ao 08 de xullo de 2024 (ambos incluidos). O alumnado poderá matricularse entregando o formulario de matrícula ordinario na secretaría do centro.

Normativa

Resolución do 09 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

AdxuntoTamaño
Información xeral_Seccións bilingües_2024_2025.pdf155.33 KB


page | by Dr. Radut