Skip to Content

CUALE

Que é o programa CUALE?

O programa CUALE (Cursos para a Formación Complementaria da Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras) consiste nun curso no que se prepara ao alumnado para a realización das probas de certificación da Escola Oficial de Idiomas. Os cursos son gratuítos e ofertados polo centro.

Idioma e nivel

Inglés, nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas (MCER).

Requisitos de inscrición

Alumnado matriculado no primeiro curso do bacharelato no ano académico 2024-2025.

Plazas ofertadas

Máximo de 20 alumnos/as.

Criterios de selección do alumnado

Se o número de solicitantes fose maior que o número de plazas dispoñibles os criterios de selección, por orde de prioridade, serán os seguintes:

  1. Cualificación final da materia de lingua inglesa do curso 2023-2024.
  2. Cualificación media do curso no que estivese matriculado/a o/a alumno/a no curso 2023-2024.

Vantaxes do CUALE

O alumnado procedente dos cursos CUALE que se matricule para realizar as probas de certificación na Escola Oficial de Idiomas de Vigo terá carácter de alumnado oficial para os efectos do número de convocatorias, polo que disporá das convocatorias ordinaria e extraordinaria para superar as probas correspondentes, unicamente no idioma e nivel cursado no programa CUALE, e non terá que aboar os prezos públicos polo acceso ás probas de certificación. Esta exención inclúe o concepto de apertura de expediente académico.

Cando e onde inscribirse?

Prazo de preinscrición: desde o 15 de maio ao 31 de maio de 2024 (ambos incluidos). O alumnado poderá inscribirse entregando o formulario de preinscrición na secretaría do centro.

Prazo de matrícula oficial: desde o 1 de setembro ao 15 de setembro de 2024 (ambos incluidos). O alumnado poderá matricularse entregando o formulario de matrícula na secretaría do centro.

Normativa

Resolución do 10 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

PENDENTE DE APROBACIÓN EN CONSELLO ESCOLAR

AdxuntoTamaño
Información xeral_CUALE_2024_2025.pdf171.57 KB


page | by Dr. Radut