Skip to Content

Aula virtual

A aula virtual é unha aplicación web da Consellería de Educación coa que o profesorado dos centros pode crear cursos virtuais con documentos e materiais didácticos para o alumnado.

Para acceder á aula virtual é necesario ter un nome de usuario e un contrasinal. O contrasinal é estritamente confidencial: hai que memorizalo e non o comentar cos compañeiros. O alumnado novo recibirá estes datos ao iniciar os seus estudos no centro.

Accédese á aula virtual do IES Santa Irene introducindo o nome de acceso e o contrasinal na páxina seguinte:

Para calquera problema coa aula virtual, o alumnado dirixirase, en primeiro lugar, ao profesorado titor ou ao profesorado da materia correspondente.

Condicións de uso

  1. A prestación deste servizo está condicionada a que o alumnado permaneza matriculado no centro, ou o profesorado manteña o seu destino no mesmo.
  2. O servizo terminarase sen previo aviso cando o alumnado cause baixa ou non renove a súa matrícula, ou o profesorado cese no seu destino no centro: é a súa responsabilidade descargar e almacenar pola súa conta todos os documentos que desexen conservar antes da terminación do servizo, así como, no caso do profesorado, facer copias de seguranza dos cursos que queiran conservar.
  3. Todas as normas do centro teñen plena vixencia na aula virtual.
  4. Todas as notificacións e mensaxes da aula virtual enviaranse aos enderezos de correo do alumnado no dominio iessantairene.es.


page | by Dr. Radut