Skip to Content

EDLG

PROPOSTA PARA O SAMAÍN

Achégase o Samaín!

AS MALAS DO CONTO!!! UN SAMAÍN FEMINISTA (1º e 2º da ESO, e quen queira sumarse). Trátase dunha actividade plástica na que homenaxeamos ás máis malvadas. Por unha banda, son personaxes odiosas que nos meten moito medo, pola outra, hai personaxes femininos tipo que foron demonizados ao longo da historia, como as bruxas que só eran mulleres independentes e que domibaban as artes medicinais. A descrición da actividade e os materiais tédela nos arquivos adxuntos.

Lembrade, unha das mazás é para facer  un debuxo e a outra para falar da personaxe.

Brujas | Halloween art, Witch art, Art

 

ARRINCAMOS!!!! COMITÉ DE IGUALDADE E EDLG INICIAN A SÚA ANDAINA 2022-23

Velaquí estamos un curso máis para emprendermos xuntos un camiño feminista e en galego. A nosa intención é levar a diante un proxecto compartido do que vos iremos falando e que leva como título Adiantadxs. Alén diso, haberá outras actuacións específicas tanto do CI como do EDLG.

Como xa sabedes os que viñestes ás reunións, fixemos dous grupos: o dos xoves (alumnado de 1º e 2º da ESO) e o dos martes (resto). Ollo!!! Estas quendas poden estar suxeitas a cambios para compensar.

Igualdade

Aquí iremos publicando as nosas actividades propostas e realizadas, ademais dos materiais complementarios para levalas a cabo.Que a nosa língua non quede... - Plataforma Feminista Galega | Facebook

 

Revista Cartafol (xuño 2021)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut