Skip to Content

Visita á Asociación Juan XXIII

O alumnado de 2º TSEASD visitou este xoves, 30 de novembro, as instalacións da Asociación Juan XXIII para coñecer de preto a realidade dunha organización que traballa na formación e promoción das persoas con discapacidade intelectual. O obxectivo da asociación é prestar apoios e servizos de calidade ante as necesidades e demandas dos seus usuarios e as súas familias, favorecendo o seu desenvolvemento integral, potenciando as súas capacidades e mellorando a súa calidade de vida persoal, social e familiar.

Álbum: Actividades -> Visita á Asociación Juan XXIII


album | by Dr. Radut