Skip to Content

NOVOS CURSO E NOVOS RECURSOS NA NOSA LINGUA DA MEMORIA DAS MULLERES

             

BENVIDOS AO UN NOVO CURSO CAMIÑANDO DA MAN DA LINGUA E DA IGUALDADE!

                                            Benvidos ao novo curso 2023-24 | CEIP Plurilingüe Montemogos

E que mellor maneira de comezar o curso con novos recursos e propostas!!!!

 

A Memoria das Mulleres é un proxecto do Concello de Pontevedra que pretende dar a coñecer e dar voz ás mulleres do municipio. Acaban de crear unha serie de recursos lúdicos ao redor do proxecto para traballar nas aulas.

Trátase de catro xogos interactivos realizados coa ferramenta genial.ly, pensados para a mocidade de Pontevedra, todos eles centrados na historia e na memoria das mulleres pontevedresas:

                                                           

  • Coñeces a…’ Aventúrate neste xogo para coñecer as protagonistas da historia da nosa cidade! É hora de pórlles rostro e escoitar os nomes das mulleres pioneiras, traballadoras e loitadoras de Pontevedra.

  • Aloita’ Pacíficas, servís, domésticas e individualistas. Esa era a imaxe que o franquismo tentou difundir das mulleres rurais. Nada máis lonxe da realidade. Con este xogo descubrirás algunhas da loitas encabezadas por mulleres no concello de Pontevedra.

  • Mulleres con R’ Séculos de cultura patriarcal definiron o arquetipo feminino, caracterizado pola submisión, a docilidade, o silencio, a fidelidade e a pasividade. Con este xogo descubrirás mulleres de Pontevedra que desafiaron os canons e fixeron das súas vidas actos de Rebeldía, Resistencia ou Reivindicación.

  • As Corseteiras’ Cando se instaurou a II República? En que ano finalizou a Guerra Civil? Como se viviron estes acontecementos en Pontevedra? Preme en “comezar” para coñecer a resposta a todas estas preguntas, para afondar na vida das Corseteiras e para saber que relación hai entre estes tema.

                                                             

 

Deixo aquí a ligazón a todos os recursos dispoñibles na web dogrisaovioleta.gal

Tlf. 694 401 505



page | by Dr. Radut