Skip to Content

Teatro en inglés "The movie"

O alumnado de 3º e 4º ESO asistiu este luns 23 de xaneiro e martes 24 ao espectáculo teatral "The movie", representado no auditorio de A Fundación en Pontevedra.

A obra de teatro trata sobre un colexio de vampiros veganos en Pensilvania que recibe a uns estudantes europeos de intercambio. No barco no que viaxan os estudantes, tamén navega Dracul, un vampiro de Transilvania que acaba con todos agás con Van Helsing, o cazador de vampiros.

A xulgar pola súa participación e soltura, ademais das risas que se escoitaron, podemos afirmar que o  nivel lingüístico en lingua inglesa do noso alumnado é moi bo, pois seguiron o desenvolvemento da obra á perfección. 

Pica na foto para  ver o álbum

Álbum: Actividades -> Teatro en inglés "The movie"


album | by Dr. Radut