Skip to Content

O Conselleiro de Educación felicita ao Sánchez Cantón, gañador do 2º Premio Nacional de Clubs de Lectura

O IES Sánchez Cantón está hoxe na páxina de inicio da Consellería de Educación, pois o Conselleiro, Román Rodríguez, convocou aos responsables dos oito centros educativos de Galicia que obtiveron galardóns nos Premios Nacionais do Ministerio de Educación. Lembremos que o noso instituto acadou o 2º Premio na modalidade de Educación Secundaria.

Grazas a Anxos Rial (coordinadora), a Fernando Tomé (coordinador da biblioteca) e a todo o profesorado que colabora realizando os 11 Clubs de Lectura que funcionan neste centro. E sobre todo, grazas a todo o alumnado que participa deles de xeito entusiasta e colaborador. Noraboa!

Román Rodríguez destaca o salto cualitativo das bibliotecas escolares galegas, que se reafirman como referente nacional | Consellería de Cultura, Educación e Universidade (xunta.gal)



page | by Dr. Radut