Skip to Content

NOVAS DE LINGUA DECEMBRO

 

Os EDLG de varios centros santiagueses implicados na organización da Mostra do Entroido Lamas de Abade decidiron ampliar esta iniciativa a todo o ensino público non universitario. A proposta consiste en compartir materiais e publicacións sobre o Entroido que se homenaxeará este ano ("madamitas e madamitos" de Entrimo) e realizar actuacións conxuntas co alumnado: confección de traxes e indumentaria, actividades sobre a tradición oral, gastronómica, musical etc. Proximamente farémosvos chegar máis información.

Por outra banda, lembrámosvos que está convocada unha nova edición dos Premios Mil Primaveras, que organiza a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) co fin de recoñecer e difundir proxectos, campañas e accións de normalización lingüística. O último día para presentardes as vosas candidaturas é o 31 de xaneiro de 2023. Tedes todos os datos aquí:  https://www.milprimaveras.gal/convocatoria/gl.

 

A páxina web do Consello da Cultura Galega (http://consellodacultura.gal/) ofrece excelentes materiais que vos poden ser útiles para a docencia, entre outros, libros dixitais de banda deseñada (http://consellodacultura.gal/libros-tipo.php?tipo=Banda%20dese%F1ada) ou a webserie Sophias que divulga a figura e as ideas de mulleres filósofas ao longo da historia (http://consellodacultura.gal/especiais/sophias/).

 

RECORDATORIO DOUTROS CONCURSOS

 

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) acaba de publicar 
a convocatoria do CONCURSO-EXPOSICIóN SOBRE FRANCISCO FERNáNDEZ DEL  RIEGO, o autor que homenaxeará a Real Academia Galega (RAG) o Día das  Letras Galegas de 2023. Os centros participantes terán que elaborar 10  carteis e mais unha guía didáctica sobre a súa biografía, obra e  época. Concederanse dous premios, un para infantil e primaria e outro  para secundaria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de  réxime especial. O profesorado responsable das exposicións gañadoras  recibirá unha certificación de 20 horas de formación permanente (30  para a persoa coordinadora). O prazo para enviar os traballos remata o  día 20 DE XANEIRO. Podedes consultar as bases  aquí: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0159/convocatoria-doconcurso-paraelaborara-exposicion-sobrefrancisco-fernandez-del.

 

 

   O V CERTAME DE /PODCASTS/ XOSé MOSQUERA PéREZ, "O VELLO DOS  CONTOS", convocado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago  de Compostela, coa axuda da SXPL e outras entidades. Poderán  participar estudantes de 10 a 18 anos de 5º e 6º de primaria, 
de secundaria e doutros niveis de ensino non universitario. A  solicitude pódese enviar ata o 21 DE  DECEMBRO: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0161/certame-podcasts-galego-xose-mosquera-perez-vello-dos-contos.
    

 

 

 



page | by Dr. Radut