Skip to Content

Pazo de Meirás e roteiro en A Coruña sobre a escritora Luisa Villalta

O pasado martes 2 de abril, alumnado dos Clubs de Lectura "Nube de Palabras", incluido o alumnado do  CGTD, e alumnado axudante da nosa Biblioteca "Charo Sánchez-Gabriel", desfrutaron dunha visita guiada ao Pazo de Meirás despois de realizar a lectura do libro de Eva Mejuto: "A ladroa da biblioteca de Meirás". Foi o xusto premio outorgado polos seus coordinadores Anxos Rial, María Gómez e Fernando Tomé, ao traballo e o esforzo desinteresados desenvolvidos a diario por estes rapaces e rapazas 

Pola tarde, algúns alumnos e alumnas realizaron un roteiro pola cidade de A Coruña acompañados pola escritora Eli Ríos, que os guiou polos espazos nos que discorreu a vida e a obra de Luisa Villalta, escritora, filóloga e violinista galega á que se lle adica o día Día das Letras Galegas neste ano 2024. Ninguén mellor que Eli Ríos para levar a cabo este labor, xa que é coautora do libro "Alma de violino", biografía de Luisa Villalta.

O noso alumnado foi acompañado nesta xornada literaria polo Club de Lectura do IES A Xunqueira II e a súa coordinadora, Eva López.

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Viaxes didácticas -> Visita ao Pazo de Meirás


album | by Dr. Radut