Proxectos Internacionais

ERASMUS + 2017. Alumnado de Soldadura traballando en Tampere- Finlandia

         Os alumnos  Martín Antelo González e Borja Castro Leirós son os titulados que este ano van beneficiarse dunha bolsa Erasmus+. O 23 de outubro de 2017 saíron para traballar nunha empresa da familia profesional de Fabricación Mecánica.

s       Estarán traballando nesa empresa ata fins de maio de 2018.

       A bolsa ten como finalidade recibir formación lingüística e profesional para mellorar e ampliar os seus coñecementos lingüíticos e as súas competencias profesionais.

       A empresa está ubicada na cidade Finlandesa de Tampere: http://www.levytyosarkinen.fi/en

     

 #

Dª. Andrea Gorniaczyk recibida por D. Arturo Grandal, alcalde de Salvaterra de Miño.

A profesora Dª. Andrea Gorniaczyk foi recibida polo alcalde de Salvaterra de Miño D. Arturo Grandal. No acto participaron o director e o coordinador de proxectos internacionais do IES SALVATERRA DE MIÑO. O alcalde estivo facéndolle unha visión social, económica e cultural do concello e da comarca de Salvaterra de Miño.

 

lVictoriano, Andrea, Arturo   k Andrea Gorniaczyk, Arturo Grandal

ANDREA GORNIACZYK profesora de Inglés, Español e Educación Física no Deutschorden-Gymnasium - Bad Mergentheim de Alemania.

A profesora do Instituto de Secundaria" Deutschorden-Gymnasium" da localidade de Bad Mergentheim-Alemania visita o centro dende o 6 ao 16 de marzo de 2017. A profesora participa nun programa de acollida de profesorado convocado polo MECD. Este é o terceiro ano no que o IES de Salvaterra de Miño participa. Dende o curso 2014-2015 somos centro de acollida de profesorado europeo. Participa en actividades docentes en tódolos niveis educativos. Na foto con alumnado de Lingua Galega de 1º ESO A.

 

d        o

Crónica no Faro de Vigo do pasado sábado 22 de Outubro de 2016 sobre o Erasmus+

Crónica no Faro de Vigo do pasado sábado 22 de Outubro de 2016 sobre o Erasmus+

Traballar no Reino Unido. Alumnado titulado no Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría participa no programa ERASMUS+ Prácticum Depo2015 . Consorcio do IES coa Deputación de Pontevedra

Os alumnos  Javier Corredoira Andrés e Iago González Rodríguez recén titulados no Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría do IES SALVATERRA DE MIÑO van traballar en empresas do Reino Unido. Dende o 10 de outubro de 2016 ata o 30 de abril de 2017 traballarán en empresas do Reino Unido, concretamente na cidade de Enfield. Recibiron unha bolsa do programa Erasmus+ no que participa o IES SALVATERRA DE MIÑO como asociado coa Deputación de Pontevedra dentro do programa Practicum Depo2015. A finalidade do proxecto é adquirir formación técnica cualificada complementaria á que recibiron no seu periodo de formación e mellorar a súa competencia lingüística nunha lingua estranxeira. 

Os coordinadores dos proxectos internacionais desexámoslles que sexa do máximo proveito a experiencia laboral e o reto lingüístico que teñen por diante. Ánimo!

Javier Corredoira Andrés e Iago González Rodríguez.

PRACTICUM DEPO 2015. Alumnado de Ciclo Medio de Soldadura recibindo unha Bolsa da Deputación. 27 de setembro de 2016.

Os alumnos D.Javier Corredoira Andrés e D. Iago González Rodríguez alumnos titulados no Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría foron recoller na Deputación de Pontevedra unha Bolsa de formación dentro do programa Erasmus+ PRACTICUM DEPO2015. A bolsa  de formación permitirálles traballar nunha empresa do Reino Unido durante seis meses. Adquirirán competencias lingüísticas e farán 6 nmeses de prácticas en empresas.

En breve saberán a data de saída hacia os seus destinos

añ

 

 

IES SALVATERRA DE MIÑO nun Congreso de Innovación en Santiago de Compostela.

IES SALVATERRA DE MIÑO e o CIFP A GRANXA DE PONTEAREAS nun Congreso de Innovación en Santiago de Compostela.

 

Áccede á nova de Faro de Vigo premendo na imaxe:

k

 

Accede á web do congreso premendo na imaxe:

h

 

 Juan José Díaz e Demetrio Prego no stand  

a     

Juan José Díaz explicando os proxectos

d

Distribuir contido