Proxectos Internacionais

Publicación de actas do proceso de selección para unha mobilidade Erasmus+ a Finlandia dentro do programa PRÁCTICUM DEPO 2019. Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría.

Publicación de actas do proceso de selección para unha mobilidade Erasmus+ a Finlandia dentro do programa PRÁCTICUM DEPO 2019. Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría.

A mobilidade comezará no mes de Outubro de 2020. 

Ten unha duración de 125 días.

Animamos ao alumnado de Soldadura e Caldeiraría a participar en vindeiras convocatorias.

Proxecto ACT Erasmus+ KA3 "Salvaterra sen barreiras"

Publicación no Faro de Vigo do proxecto "Salvaterra sen barreiras". Este proxecto foi elaborado por alumnos e profesores de Valores Éticos dentro do programa ACT Erasmus+ KA3. É o resultado da formación de alumnado e profesorado ademais dun traballo de campo sobre a mobilidade de persoas con discapacidade motora e visual no casco urbano de Salvaterra de Miño.

"Salvaterra sen Barreiras" Proxecto KA3 para a materia de Valores Éticos. Atlántico Diario

Alumnado de 3º da ESO participa no Proxecto ACT (KA3). 

O alumnado e profesorado que participa no Proxecto ACT entregou no concello o resultado do seu traballo. 

O traballo consistiu en elaborar un traballo de campo sobre a mobilidade de persoas con algunha discapacidade motora ou visual no casco urbano de Salvaterra de Miño.

Proxectos internacionais no ATLÁNTICO DIARIO.

Proxectos Internacionais no ATLÁNTICO DIARIO.

t

Acto oficial do intercambio entre o IES Salvaterra de Miño e O KTS de Köln

O pasado luns 25 de marzo de 2019 fixose un acto oficial de inicio do intercambio entre o IES Salvaterra de Miño e o KTS de Köln en Alemaña. 

Recolle un agasallo do IES Salvaterra de Miño para o KTS o seu director D. Oliver Schmitz.

D. Oliver Schmitz

Caloroso recibimento das familias de acollida ao alumnado alemán

O pasado sábado 30 de marzo chegaron a Salvaterra o alumnado galego e alemán dende a cidade de Colonia. O alumnado estivo asistindo a clases e visitando lugares de interese de Colonia. Arredor das 22:00 h. foron recibidos polas familias. Agárdanlles unha semana chea de actividades.

G

Distribuir contido