Secretaría

Fondo de libros e ayuda de material

Prazo presentación solicitudes: do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022 (ambos incluidos)

ABAU

ABAU 2023

1º PASO: Pago das taxas do título

Forma telemática: Entra na axencia tributaria no apartado de pago de taxas: https://ovt.atriga.gal/#!/detalle_servizo/?Pago+telemático+de+taxas+e+prezos/11609730/4126995/11609860/l/item-dark-blue/tab#0

e segue as seguintes INSTRUCCIÓNS

Unha vez pagadas as taxas tes que entregar o xustificante ne secretaría (modelo 730, non vale o recibo do pago con tarxeta), se tes redución por familia numerosa tes que traer tamén o libro ou tarxeta de familia numerosa orixinal (non pode estar caducado).

Forma presencial: Pide un impreso de pago de taxas en secretaría, paga no banco e entrega en secretaría a parte para a administración.

2ºPASO: Entregar impreso de prematrícula en secretaría

Entregar o impreso de prematrícula asinado (volo daremos no centro coas notas) na secretaría do centro, é importante cubrir o número de teléfono móbil e o enderezo electrónico, se facedes o pago na entidade bancaria tedes que traer tamén o xustificante bancario (neste caso tedes que entregar na entidade bancaria o seguinte impreso por triplicado) para facer o pago telemático o faríamos en nerta despois do paso 3.

Unha vez matriculado recibirás un PIN no teu correo electrónico para activar a conta de entrada no NERTA (3º paso).

3º PASO: Facer unha conta para entrar no NERTA 

O NERTA é a aplicación que permite que podamos matricularnos nas abau, consultar as notas, presentar reclamacións, solicitar praza nas universidades galegas e matricularnos nas mesmas. 

Para entrar temos que crear unha conta en https://www.edu.xunta.es/contausuario/PaxinaInicio.do;jsessionid=DDAA0D15B0A9E5488DEE73E90C256892.server_prod-j2ee36 na parte de abaixo tedes vídeos explicativos de como funciona, mirade o titorial de activar conta para crear a vosa.

Entra en NERTA (pulsa o botón verde de arriba a dereita e introduce o usuatio e a contrasinal) e comproba que está ben matriculado e paga as taxas se elexiches o pago telemático.

 

SEDE: O noso centro fará as probas na Escola de Enxeñería de Minas de Vigo

Hotario proba ordinaria

ADMISIÓN ALUMNADO

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022/2023

- Prazo presentación solicitudes: do 1 de marzo ao 21 de marzo de 2022

Entre o 22 de marzo e o 25 de abril a solcitude considérase fora de prazo (irán despois das presentadas en prazo polo que é importante que conste a data e a hora de presentación)

A partir do 26 de abril as solicitudes faranse mediante o procedemento extraordinario (na sección de impresos están os documentos para a solicitude)

- Presentación de solicitudes: 

O procedemento para presentar a solicitude está na páxina de admisión de alumnado da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Importante: instruccións sinaturas da solicitude polas persoas coa patria potestade.

En caso de optar por presentala en sede electrónica é conveniente que non se deixe para o último momento e se chame ao instituto (886 110 701) para asegurarse de que está presentada. 

A solicitude é única, en caso de querer anular unha anterior deberá entregar un documento asinada indicando tal circunstancia.

- Vacantes:

No taboleiro de anuncios de secretaría está a listaxe provisional de admitidos. Todo o alumnado que presentou solicitude está admitido agás aqueles que renunciaron. 

A partir do 26 de abril de 2022 todas as solicitudes de admisión faranse polo procedemento extraordinario (ese día rematou o procedemento ordinario).

Documentos a presentar: AnexoIII e AnexoIIIbis

A resolución correspondente a estas solicitudes farase no mes de setembro antes do comezo do curso 2022/23

 

Distribuir contido