Destacado:

SEMANA DA CIENCIA 2024

Accede aquí a toda a información detallada da programación da SEMANA DA CIENCIA

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO

 

 

#AQUITAMENSEFALA

Xa podemos escoitar NESTA LIGAZÓN a entrevista do noso alumnado en SI RADIO. 

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA

O pasado venres día 23 o IES Salvaterra de Miño celebrou o DÍA DE ROSALÍA con distintas actividades. Ás 10.10h unha representación do alumnado de 1º de Bacharelato e mais algunhas das pandereteiras do centro visitaron o Centro Residencial de Maiores da vila de Salvaterra para ofrecer unha pequena mostra da obra de Rosalía, cun recitado dalgúns dos versos máis coñecidos da padronesa. Foi un acto moi emocionante no que os residentes deron unha sorpresa moi agradable á comitiva do IES ao agasallar ao centro cuns cadros coa imaxe da autora feitos con material de refugallo, paralelamente lanzáronse a cantar os versos dalgúns dos poemas máis populares de Rosalía.

Acto seguido tanto a comitiva que visitou a residencia como o resto do alumnado de 1º de Bacharelato desprazáronse á Casa do Concello, onde foron recibidos por membros da corporación municipal. Alí fíxose un acto moi fermoso conducido pola Concelleira de Educadión, Lorena Soto e no que interviñeron un nutrido grupo de estudantes que explicaron os valores da obra da padronesa ao tempo que fixeron o recitado daqueles versos que mellor exemplificaban o que estaban a explicar. Ao remate desta clase maxistral do alumnado, a profesora Hilaria Brito presentou a todos os asistentes a obra dos residentes. Pechou o acto Manuel Rosende en calidade de director do IES que explicou a Rosalía como clásico da literatura universal ao tempo que agradeceu a todas as persoas que fixeron posible ese día a súa entrega e colaboración. Finalizou o acto cunha foto ás portas da Casa Consistorial ao pé da tea realizada polo alumnado de debuxo artístico que coa colaboración do profesor Antonio Núñez conseguiron levar á tea os principais valores da obra de Rosalía.

Paralelamente, no instituto, emitíanse os programas especiais confeccionados polo alumando de 4º de PDC e RADIOnaBIBLIO da man da profesora Esther Álvarez. Pódense escoitar tanto na ligazón que atoparás a seguir destas liñas, coma no esapazo RADIO na BIBLIO no lateral dereito desta páxina web.

PROGRAMA 1: ROSALÍA DE CASTRO na música de hoxe.

PROGRAMA 2: Conversa con ROSALÍA DE CASTRO.

 

 

 

 

 

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2024

 (preme na ligazón para acceder ao texto da convocatoria)

 

 

 

 

ligazón VÍDEO UXÍA SENLLE CAMPAÑA #AQUITAMENSEFALA

 

BASES CONCURSO DIVULGACIÓN CIENTÍFICA

IES SALVATERRA DE MIÑO

CLICA NA LIGAZÓN PARA ACCEDER

 CALENDARIO ESCOLAR 23-24

Consulta todos os detalles do calendario escolar no apartado de INFORMACIÓN XERAL. Accede tamén desde esta ligazón.

 

 

 

 

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO

Está publicado en "Proxecto Educativo" (á esquerda deste texto) o documento actualizado das N.O.F. para o curso 2023-2024 coa finalidade de que poida ser consultado facilmente por toda a comunidade educativa.

Tamén se pode acceder desde este atallo.

 

 

 

RECORDATORIOS 

Nesta ligazón pódese acceder ás listaxes de libros propostos para o curso 23-24, nalgúns casos cómpre confirmar co profesorado a necesidade de facerse cos volumes anunciados. 

 

 

Máis información no teléfono 886 11 07 01

 ou no correo electrónico

 ies.salvaterra.mino@edu.xunta.gal.

 

 

Distribuir contido