Alumnado

Espazo para o alumnado

Matrícula curso 2023-2024

01/06/2023

Matrícula para o curso 2023-2024

O prazo para a matriculación vai do 23 de xuño ao 7 de xullo.

Para evitar aglomeracións e longas esperas, establécese o seguinte calendario no que se farán preferentemente as matrículas para cada curso por días:

     1º ESO- 23, 26 e 27 de xuño.

     2º ESO- 27 e 28 de xuño.

     3º ESO- 28, 29 e 30 de xuño.

     4º ESO- 30 de xuño, 3 e 4 de xullo.

     BACHARELATO- 3, 4, 5 e 6 de xullo.

     1ºFPBÁSICA- nos prazos fixados pola administración.

     2ºFPBÁSICA- 26 de xuño.

 Durante a entrega de notas facilitaranse os sobres de matrícula ao alumnado [luns 26 de xuño 10h]  Pódense consultar os modelos de matrícula nesta ligazón  (son informativos; o que hai que cubrir é o que se entrega no sobre)

 

Nos sobres aparece ademais a seguinte documentación:

     *Participación nas seccións bilingües (máis info aquí)

     *autorización para a recollida do alumnado durante a xornada escolar (é importante cubrir cos datos dos familiares e persoas próximas coas que se poida contar para que se responsabilicen da recollida dos menores en caso de ter que iren ao médico ou que se encontren mal)

     *Rutas de transporte: as que van en maiúscula é porque precian a tarxeta "xente nova" que se pode solicitar en //Abanca (no propio sobre hai información específica)

     *Autorización para o tratamento de imaxes: de acordo coa Lei de Protección de Datos, solicítase autorización para uso das mesmas. Todos os documentos deben ir asinados polo pai, nai, titor/a legal así como polo propio alumno/a cando teña máis de 14 anos ou os cumpra nese curso.

     *Información uso TICs no centro, proxecto EDIXGAL (para a ESO; recoméndase dar de alta o seguro correspondente a fin de evitar ter que asumir gastos importantes en caso de accidentes ou avarías que non cubra a garantía do equipamento) e a app ABALAR MÓBIL.

     *No caso de separación legal dos proxenitores é obrigatorio entregar copia da sentenza xudicial. Se a situación se dá durante o curso, débese entregar canto antes.

ALUMNADO

10/03/2020 18:56

Na seguinte ligazón xa se pode acceder a todos os documentos relativos á matrícula do curso 2023-2024. Os prazos de presentación das mesmas serán indicados ao longo do mes de xuño nesta mesma web. Serán unha vez rematadas as clases do curso 22-23.

Distribuir contido