2010/11

O concurso un "Flash de amor" xa ten gañador

Xa temos gañador,  dende logo que moi fermosa a fotografía, e sobre todo moi amorosa, que é do que se trataba...

Parabéns para Pablo Leal pola súa fotografía "Cuando menos lo esperas, sale el sol"

Podes ver as demais fotografías gañadoras en: https://sites.google.com/site/flashdeamor/

O concurso un "Flash de amor" xa ten gañador

O IES Pedras Rubias pon os lentes violetas

Durante o mes de Marzo o IES Pedras Rubias realiza varias actividades con motivo do  Día Internacional da Muller Taballadora<

O IES Pedras Rubias pon os lentes violetas

Cine en feminino

Coincidindo co Mes da  Muller imos proxectar este mes dúas películas, "Quiero ser como Beckham" dirixida por Guinder Ghadha e  "Million Dollar BabyCine en feminino

Entroido 2011

Éxito absoluto de todas as comparsas deste ano: colorido, animación, orixinalidade en todas elas. Pero sempre ten que gañar algunha, aí vai a clasificación final:

Transplantes e doazón de órganos

O pasado luns 7 de Febreiro os alumnos de 3º de E.S.O. xunto cun grupo de 4º de P.D.C.asistiron á charla impartida por un médico da unidade de coordinación e trasplantes do Hospital Meixueiro de Vigo.

    A charla iniciouse cun breve repaso á historia dos trasplantes dende o primeiro trasplante de corazón levado a cabo polo doctor Barnard en Sudáfrica  nos anos 60 ata ós nosos días.A continuación o ponente concienciou á audiencia da importancia de ser donante de órganos e explicou detalladamente a lista de órganos e tecidos que podemos doar ben sexa en vivo ou de mortos así como as causas de morte cerebral. Asimesmo destacou que España encabeza a lista de países con máis doantes e máis trasplantes do mundo.

    A derradeira parte da charla,Celso, un home trasplantado de fígado hai 14 anos contou cómo lle cambiou a vida dende que recibiu o novo órgano. Nos últimos minutos abriuse un turno de preguntas na cal participaron activamente os alumnos.

    En canto á valoración da charla por parte dos alumnos éstes pensan que foi interesante pero que debería ser máis interactiva, fíxoselles un pouco longa a explicación do médico. Destacan como moi interesante a intervención do trasplantado.

O pasado luns 7 de Febreiro os alumnos de 3º de E.S.O. xunto cun grupo de 4º de P.D.C.asistiron á charla impartida por un médico da unidade de coordinación e trasplantes do Hospital Meixueiro de Vigo.

   

Transplantes e doazón de órganos

Tamén len... en xaneiro

Este mes tivemos un Tamén len moi animado, e moi futbolístico. Contamos coa presencia do exalumno Rafa Pérez Cabaleiro, moi pronto toda unha estrela do balompé. Despois de pasar uns anos no Real Madrid esta temporada retornou a súa casa, ao Celta, para intentar acadar o soño de todo rapaz amigo do balón: xogar en primeira división.

Ademais de ler o relato "La pata de palo" de Espronceda fixemos un pequeno repaso das súas experiencias e aproveitamos para que nos comentara a súa opinión sobre famosos como Casillas, Raúl, Ronaldo, ou o mesmo Mourinho.

Tamén len... en xaneiro

Concerto didáctico da banda Municipal de Salceda

O mércores 9 de febreiro todos os alumnos/as do instituto desprazámonos ata o Auditorio do Concello para disfrutar dunha xornada musical moi intensa, cunha importante participación de alumnado do noso propio centro.

Concerto didáctico da banda Municipal de Salceda

A nosa biblioteca renova a súa imaxe

Neste primeiro mes de 2011 vimos de renovar certas zonas da nosa bibloteca para darlle cabida a novas seccións: como podes ver na foto agora contamos cunha Comiteca e unha Cinemateca. Así que xa sabes achégate ata alí e disfrutas das pelis e dos cómics que veñen de enriquecer os fondos da Calixtina.

Fotos e máis información en: http://biblosvivos.blogspot.com

A nosa biblioteca renova a súa imaxe

Os libros saen da biblioteca no Día Escolar da Paz e a da Non Violencia

Todos os 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz e da Non Violencia. A data rememora o falecemento do Mahatma Gandhi nese mesmo día do ano 1948.

Os libros saen da biblioteca no Día Escolar da Paz e a da Non Violencia

Os alumnos/as de 4º da ESO realizan a ruta literaria de Valle-Inclán

O xoves 3 de febreiro os alumnos de 4º da ESO achegáronse ata a Pobra do Caramiñal para visitar distintos lugares relacionados coa vida e obra de Ramón María del Valle-Inclán.

Podes consultar información dos diferentes lugares que visitaron na páxina do concello da Pobra: http://www.apobra.com/rutas/valle.html

Os alumnos/as de 4º da ESO realizan a ruta literaria de Valle-Inclán

Powered by Drupal - Design by artinet