Tamén len... en xaneiro

Este mes tivemos un Tamén len moi animado, e moi futbolístico. Contamos coa presencia do exalumno Rafa Pérez Cabaleiro, moi pronto toda unha estrela do balompé. Despois de pasar uns anos no Real Madrid esta temporada retornou a súa casa, ao Celta, para intentar acadar o soño de todo rapaz amigo do balón: xogar en primeira división.

Ademais de ler o relato "La pata de palo" de Espronceda fixemos un pequeno repaso das súas experiencias e aproveitamos para que nos comentara a súa opinión sobre famosos como Casillas, Raúl, Ronaldo, ou o mesmo Mourinho.

De momento aínda non temos ningunha foto súa coa camisola celeste.

Tamén len... en xaneiro

Powered by Drupal - Design by artinet