O IES Pedras Rubias pon os lentes violetas

Durante o mes de Marzo o IES Pedras Rubias realiza varias actividades con motivo do  Día Internacional da Muller Taballadora e coa finalidade de fomentar a igualdade de xénero.


Se o curso pasado adicamos este mes a visualización da muller en diferentes campos do coñecemento e da arte ao longo da Historia a través da Exposición “Coñéceas”,este ano queremos tomar conciencia da discriminación cara a muller poñendo os “lentes violetas”.

Así, baixo os títulos No IES Pedras Rubias vemos o mundo violeta” e “Pon as gafas violetas…e acaba coa actitude machista”, elaboramos carteis con noso alumnado como protagonista.

 

A actividade está inspirada no libro “O diario violeta de Carlota” de Gemma Lienas, proposto como lectura voluntaria dende áreas como Educación para a Cidadanía Lingua  Galega e Titoría.

 

O libro trata de facernos conscientes da discriminación cara a  muller na nosa vida cotiá e noutras sociedades e culturas e crear un espiritu crítico ante as desigualdades entre homes e mulleres.

 

As vosas denuncias e propostas de igualdade quedarán pegadas no papel do corredoiro da pranta baixa.  

 


Trataremos pois de denunciar e aplicar a regra da inversión para construir un Mundo máis  xusto.


O IES Pedras Rubias pon os lentes violetas

Powered by Drupal - Design by artinet