Lingua Galega

GAÑADORES/AS CONCURSO RELATO CURTO XANEIRO

Se queres coñecer os relatos gañadores de 1º B, 1º D, 4º A, 4º B e 4º C, preme nos seguintes enlaces e goza da lectura:

1º B

1º D

4º A

4º B

4º C

Noraboa!

Xa estamos esperando os de febreiro, a que esperades?

Principal.png

HAIKUS POR ROSALÍA DE CASTRO

O día 24 de febreiro cúmprense 172 anos do  nacemento de Rosalía de Castro, un dos piares imprescindibles no Rexurdimento poético da nosa lingua. Para celebralo, faremos unha homenaxe a través dun concurso de haikus.

Debedes presentar un poemario composto por cinco haikus, como mínimo. Deberán incluír vocabulario de Cantares Gallegos. Opcionalmente, poderán ir acompañados dun haiga, unha ilustración relacionada coa temática tratada.

A que esperas para darlle renda solta á alma de poeta que levas dentro? Tes ata o martes 19 de febreiro.

Consulta aquí as bases completas.

HAIKUS POR ROSALÍA DE CASTRO

VII CERTAME DE RELATO CURTO

Un ano máis a FANPA organiza este certame literario no que entre os principais obxectivos se atopan fomentar a creatividade no alumnado, potenciar a expresión e comprensión escrita, estimular o uso do galego, facilitar a posibilidade de publicación a novos creadores...

O pasado curso 5 alumnos/as de 3º de ESO presentaran os seus relatos e proclamáranse finalistas dous, concretamente os de Elena Canosa e Yashira Álvarez, feito que nos aledou enormemente.

De novo, o xurado estará formado por filólogos, escritores, profesores e representantes de Kalandraka e darán a coñecer os 120 finalistas no mes de maio. Nunha segunda fase, o xurado destacará 20 dos relatos finalistas e escollerá entre eles o gañador.

Tendo tan bo precedente, estamos moi ilusionados agardando novos éxitos nesta convocatoria tamén.

VII CERTAME DE RELATO CURTO

CONCURSO CHÍOS CON AMOR

Dada a boa acollida do pasado curso, o departamento de Lingua Galega e Literatura volve organizar o concurso de mensaxes de amor Chío con amor.

A que esperas? Dálle renda solta á túa alma poética e crea o teu chío de amor. Tes ata o 8 de febreiro e lembra que non pode superar os 280 caracteres.

Preme neste enlace para consultar as bases.

CONCURSO CHÍOS CON AMOR

IRIDIUM

O pasado 25 de xaneiro o alumnado de 3º e 4º de ESO recibiu toda unha lección de vida de mans de Francisco Castro, autor de Iridium, e Papu (Amparo Rodicio), neuropsicóloga que desenvolve o seu labor na Asociación de Dano Cerebral Alento.

Entre xogos e risos conseguiron facer visible as causas e as consecuencias do dano cerebral adquirido, pero sobre todo fixéronnos reflexionar sobre o inxustas que son as etiquetas que se poñen e o dano que poden causar.

Lograron transmitir a necesidade de normalizar o dereito das persoas que padecen DCA, evitando o uso desas etiquetas, xa que coma todas e todos son persoas que aman, que gozan, que rin, que soñan...

Grazas á editorial Galaxia por brindarnos este encontro!

IRIDIUM

GAÑADORES/AS CONCURSO RELATO CURTO DECEMBRO

E no ecuador das vacacións de Nadal, xa damos a coñecer os relatos gañadores de 4º ESO do Concurso de Relato Curto do mes de decembro. Noraboa e grazas a todos/as os/as participantes!

4º A

4º B

4º C

A seguir gozando das merecidas vacacións!

Principal.png

GAÑADORES/AS CONCURSO RELATO CURTO OUTUBRO

Gañadora única de 3º ESO, neste caso de 3ºA, Claudia Martínez Romero.

Se queres lelo preme no seguinte enlace. 

3ºA

Segue participando!

dnoechpne

GAÑADORES/AS CONCURSO RELATO CURTO NOVEMBRO | IES Pedras Rubias
[url=http://www.g133byl2v8mio50ts8157tf949f99kops.org/]udnoechpne[/url]
dnoechpne http://www.g133byl2v8mio50ts8157tf949f99kops.org/
adnoechpne

EXCURSIÓN DE 4º ESO A SANTIAGO DE COMPOSTELA

O pasado mércores 14 de novembro o alumnado de 4º de ESO fixo unha saída a Santiago de Compostela e realizou varias visitas.

Pola mañá, percorreron a exposición de Castelao Maxistral no Gaiás. Ademais de contemplar o impresionante óleo pintado por Castelao en Bos Aires A derradeira leición do mestre en homenaxe ao seu amigo Alexandre Bóveda, fusilado o 17 de agosto de 1936, fixeron un percorrido polo sistema educativo público do primeiro terzo do século XX a través dos debuxos dedicados á ensinanza primaria.

A continuación, dirixíronse ao IES de Ames, o outro instituto galego que está a realizar o proxecto sobre a Memoria Histórica En paradoiro descoñecido. Unha representación do alumnado e profesorado agasallounos cun acto moi emotivo no que se compartiron lecturas, regalos, risos...

De volta a Santiago, logo dun breve tempo para xantar, visitaron en San Domingos de Bonaval a exposición Alba de Gloria.Unha experiencia, organizada polo Consello da Cultura Galega. A partir do derradeiro discurso que Castelao deu o 25 de xullo de 1948, de forma virtual, o alumnado puido contemplar a Santa Compaña integrada polas grandes figuras da ciencia e das letras da nosa historia (Prisciliano, Xelmírez, o mestre Mateo, Martín Códax, Inés e Xohana de Castro, Pedro Madruga, Padre Sarmiento, Rosalía de Castro...).

EXCURSIÓN DE 4º ESO A SANTIAGO DE COMPOSTELA

LOLA GÁNDARA

 O pasado 29 de outubro visitounos a escritora Lola Gándara, autora dos libros Alexandra e A escura luz do Tíber. Estes dous títulos foran lidos polo noso alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO o pasado curso, pero por motivos persoais da escritora o encontro tivo que agardar ao presente curso.

 Lola Gándara deu resposta ás preguntas formuladas polo alumnado, explicou a súa técnica novelística, deu a coñecer o gran coñecemento de historia e mitoloxía que posúe, e compartiu algunhas experiencias persoais.

 Tamén houbo tempo para a emoción cando se produciu o reencontro cunha ex-alumna súa, Blanca, actual profesora de Física e Química do noso centro.

 

 

LOLA GÁNDARA

Powered by Drupal - Design by artinet