IES Ramón Otero Pedrayo - A Coruña |
|
NavegaciónIniciar sesión |
ArticlesAndaina do alumnado de 4º ESO ás Fragas do Eume a semana do 22-25 de xaneiro 2024O alumnado de 4º ESO visitou as Fragas do Eume, facendo unha andaina de 6 kilómetros ata o Mosteiro de Caveiro. Previa a parte práctica, o alumnado tivo unha charla informativa sobre a flora e fauna das Fragas impartidas polo persoal do CEIDA de Santa Cruz (Oleiros). Semana Branca d0 6-13 xaneiro 2024.50 alumnos e alumnas de 3º ESO foron do 6 ao 13 de xaneiro á estación de esquí Soldeu El Tarter en Andorra. Alí aprenderon a esquiar e a desfrutar da neve. VISITA AO McFIT EN NOVEMBRO 2023.O alumnado de 4º de ESO visitou os días 20, 21 e 22 de novembro o centro deportivo McFIT para coñecer as súas instalacións e practicaron diferentes actividades de adestramento físico. Ainda están con maniotas! NO ROCÓDOMO DE RIAZOR CON 1º ESO. OUTUBRO 2023O 25,26 e 27 de outubro, o alumnado de 1º ESO foi a escalar ao rocódromo de Riazor. Cando chegaron, houbo unha charla para explicar as normas de seguridade, as diferentes modalidades de escalada e os nomes do material a utilizar e despois foron ao rocódromo a escalar e o fixeron fenomenal. O deron todo!!!. O venres, veu con nós Hadrián Pérez de 4º ESO que é 1º de Galiza e 2º de España na modalidade de escalada de velocidade e fixo unha demostración alucinante.
TALLER BAILE TRADICIONALO alumnado de 1º ESO participou o 30 de marzo no taller de baile tradional!! CAMPIONATO GALEGO ORIENTACIÓNAlba e África foron a Ourense a participar no campionato galego de Orientación. Parabéns Campionas!!!! CAMPIONATO PROVINCIAL ORIENTACIÓNO 29 de marzo os clasificados/as foron a Porto do Son ao campionato Provincial de Orientación, quedando dúas alumnas nosas de 1ª e 3ª, clasificándose para o galego. Parabens a todos/as participantes!!!!! Campionato comarcal de Orientación.O 21 de marzo o alumnado de 3º ESO participou na campionato comarcal de Orientación!! XOGAMOS TODOS!!En colaboración co alumnado de 4º ESO, fixemos un circuito de Xogos tradicionais antes do Festival Antroido. Foi una tolería!!!! INICIACION ESGRIMAO clube 100tolos de esgrima veu ao insti e os de 1º ESO pasárono moi ben!!
|
Eventos
|