Skip to Content

2018-19

CAPOEIRA BACANA PARA O CICLO SUPERIOR

Este martes día 5 de febreiro veu ao instituto un profesor de capoeira, Daniel,  que foi alumno do centro. Acompañouno Fabián, un discipulo. Deu dúas sesions moi dinamicas aos grupos do ciclo e foi unha gran experiencia para todos nós.
 
Esta actividade é unha formacion complementaria para o evento MARZO SEN FRONTEIRAS que se celebrará o 27 de MARZO en FEXDEGA xa que formará parte dunha das estacións.
 
Aquí quedan unhas imaxes da clase:se queres velas mellor fai clic aquí . Se prefires botar unha ollada rápida fai clic na imaxe para ver o álbum.
Álbum: CICLO SUPERIOR (TSAAFD) -> Capoeira Bacana 2019

Manual de autoprotección (non borrar)

SESIÓN DE CROSSFIT DO CICLO SUPERIOR (TSEASD)

O luns 10 de decembro os alumnos de 1º TSEASD  desenvolveron unha sesión práctica de Crossfit impartida polos técnicos Antia e Antón no centro Old Metal CrossFit de Vilagarcia  como parte da sua  formación no modulo de Valoración da Condición Física e Intervención en accidentes.

Podes ver o album aquí, premendo na foto ou na galegía de imaxes

Álbum: CICLO SUPERIOR (TSAAFD) -> Crossfit 2018

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Clic para ver/descargar o documento

III SEMANA DA CIENCIA: AS ERUPCIÓNS VOLCÁNICAS

No marco das actividades da III Semana da Ciencia, o alumnado de Ciencias de 4ºESO preparou unha presentación con maquetas para explicar como suceden as erupcións volcánicas.

III SEMANA DA CIENCIA: MATESCHEF

No contexto da III Semana da Ciencia, oa lumnado de matemáticas participou nun divertido concurso, MATESCHEF, no que tiñan que facer un pastel. Pra facelo tiñan que calcular cantidades e tempos. Mellor velo en vídeo.

2ª parte

III SEMANA DA CIENCIA: INVENTOS DO ALUMNADO

Inventos presentados a concurso polo alumnado na Semana da ciencia 2018. Fai clic na imaxe aquí abaixo para ver os inventos.

 

Álbum: CURSO 2018-19 -> Semana da ciencia 2018

CANDIDATURAS DO ALUMNADO AO CONSELLO ESCOLAR

Preme na imaxe para ampliala

SAMAÍN E MAGOSTO

Para ler/descargar preme na imaxe

Distribuir contido


by Dr. Radut