Skip to Content

O ALUMNADO DE 3ºESO DE MÚSICA ASISTE AOS CONCERTOS DIDÁCTICOS DE CELANOVA

Versión para impresoraVersión para impresora

O alumnado de 3ºESO do noso centro tivo a oportunidade de participar no ciclo anual de Concertos Didácticos de Órgano na Igrexa de San Salvador de Celanova promovido polo Concello de Celanova e patrocinado pola Secretaría Xeral de Cultura. A actividade está perfectamente insertada no programa de 3ºESO no que se inclúe historia da música e este instrumento forma parte importantísima da mesma.

Marisol Mendive, profesora de órgano do Conservatorio de Ourense, foi a encargada de impartir este curso que mestura o coñecemento dun órgano histórico coa participación musical dos alumnado que interpretou cos seus propios instrumentos varias pezas musicais acompañados do órgano. Neste vídeo podemos ver un momento da participación do noso alumnado.

 

Por outra parte, o concello de Celanova invitou a todos os asistentes a realizar un circuito turístico polo concello de Celanova. O noso alumnado tivo oportunidade de facer visitas guiadas sobre os temas seguintes:

  • Baixa Idade Media (Vilanova dos Infantes)
  • A devoción mariana en Galicia (A Virxe do Cristal)
  • Desenvolvemento urbano das vilas galegas (Casco urbano)

Para máis información podes facer clic aquí.



story | by Dr. Radut