PIRAGÜISMO PARA O CICLO SUPERIOR (TSAAFD)
![Versión para impresora Versión para impresora](/centros/iesocarril/sites/all/modules/print/icons/print_icon.gif)
O venres 3 de outubro, o alumnado de 1º e 2º curso do Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas (TSAAFD) realizou unha actividade conxunta coordinada pola empresa Piragüilla. Primeiro saíron de Bamio en piragua e deron a volta a Cortegada onde fixeron unha parada. Alí realizaron uns xogos e un roteiro a pé. Seguidamente volveron remando de Cortegada ata a praia Compostela.