Skip to Content

COMPOSICIÓN E FUNCIÓNS DO CONSELLO ESCOLAR

Versión para impresoraVersión para impresora

Marco legal

Extracto do "Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (Decreto 324/1996, do 26 de xullo. DOG 09-08-96)."

 


Artigo 37°

O Consello Escolar dos institutos de educación secundaria que teñan oito, ou máis, unidades estará composto polos seguintes membros:

  1. O director ou directora, que será o seu presidente.
  2. O xefe ou xefa de estudios, e, de se-lo caso, xefe ou xefa de estudios de nocturno.
  3. Un concelleiro ou representante do concello do municipio no que estea situado o instituto.
  4. Sete profesores elixidos polo claustro.
  5. Tres representantes dos pais ou nais de alumnos.
  6. Catro representantes do alumnado.
  7. Un representante do persoal de administración e servicios.
  8. O secretario ou secretaria ou, se é o caso, o administrador ou administradora do instituto, que actuará como secretario do consello, con voz, pero sen voto.


Artigo 44°

O Consello Escolar do instituto terá as seguintes atribucións:

  1. Establece-las directrices e elaborar propostas para a elaboración do proxecto educativo do instituto, aprobalo, avalialo e, se é o caso, introducir modificacións, sen prexuízo das competencias que o claustro de profesores ten atribuídas en relación coa planificación e organización docente.
  2. Elixi-lo director ou directora do centro.
  3. Propoñe-la revogación do nomeamento do director ou directora, logo do acordo dos seus membros, adoptado por maioría de dous tercios.
  4. Decidir sobre a admisión de alumnado, con suxeición ó establecido na lexislación vixente.
  5. Aprobar e modifica-lo regulamento de réxime interior do instituto.
  6. Resolve-los conflictos e impoñe-las correccións con finalidade pedagóxica que correspondan a aquelas conductas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia no centro, de acordo coas normas que estableza a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
  7. Aproba-lo proxecto de orzamento do instituto e a execución do mesmo.
  8. Aprobar e avalia-la programación xeral anual do instituto, respectando, en todo caso, os aspectos docentes que lle competen ó claustro.
  9. Aproba-la programación das actividades escolares complementarias e avalia-lo seu desenvolvemento.
  10. Establece-las directrices para a participación do instituto en actividades culturais, deportivas e recreativas naquelas accións asistenciais nas que o instituto puidese aporta-la súa axuda.
  11. Establece-los criterios de colaboración con outros centros, entidades ou organismos.
  12. Promove-la renovación das instalacións e equipamento do instituto, e vixia-la súa conservación.
  13. Analizar e valora-lo funcionamento xeral do instituto, a evolución do rendemento escolar e os resultados da avaliación que do centro realice a
  14. Administración educativa.
  15. Colaborar coa inspección educativa nos planos de avaliación de centro, nos termos que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria estableza.
  16. Regula-lo procedemento de autorización das saídas voluntarias entre clases ou en período de lecer do alumnado do centro.


page | by Dr. Radut