FacebookSíguenos en YouTube

Novas Alumnado

A Pegada Invisíbel

O alumnado de 3º ESO participou no Congreso de Educación Ambiental Rede-Auga organizado polo CEIDA. Aquí tedes o vídeo que se presentou:

eTwinning: Concurso de Marcapáxinas Letras Galegas 2014

eTwinning


Concurso Marcapáxinas Letras Galegas 2014

O Alumno de 1º Ciclo de Sistemas Informáticos e Redes, Junior Pereira Grille,  resultou premiado cun Áccesit no concurso de Marcapáxinas Letras Galegas 2014, organizado polo IES San Clemente a través dun proxecto eTwinning.

Noraboa Junior!!

Programa de Becas de Formación Profesional

Feuga


Sesión informativa do Programa de Becas de Formación Profesional FEUGA


O venres 6 de xuño, ás 12:00 horas na Aula de usos Múltiples do IES Maximino Romero de Lema, celebrarase unha sesión informativa sobre o programa de becas de Formación Profesional organizado pola FEUGA e os Departamentos de Orientación e Informática do centro.

Este programa está destinado a facilitar a incorporación ao mercado laboral dos titulados nos ciclos formativos, polo que é de gran interese tanto para os titulados como para os que aínda non teñan decidido a súa formación académica.

Blogue Palabras de Pedra - Vila de Cruces

Palabras de Pedra

Palabras de PedraVisita o Blogue Palabras de Pedra, do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces, no que fan referencia á sua estancia no noso IES.

Accede facendo clic sobre a imaxe ou sobre este texto!!

SES ao vivo

SES ao vivoSES AO VIVO

NO IES Maximino Romero de Lema

Presenta o seu novo disco "Co Xenio Destrozado", o venres 30 de Maio ás 13:00H no Auditorio de Baio.

Podes consultar o cartaz completo facendo clic aquí.

Galería de Imaxes

Galeria

Lémbrate de pasar de vez en cando pola Galería de Imaxes, onde colocamos as fotografías das actividades que se realizan no Instituto.

Distribuir contido