Calendario PAU | |
Realización da PAU | 12,13 e 14 xuño |
Publicación cualificacións provisionais | 21 xuño |
Solicitude reclamación e 2ª corrección | 22-26 xuño |
Resolución reclamacións á 2ª corrección | 1-3 xullo |
Publicación cualificacións definitivas PAU | 5 xullo |
Mais información:
Estrutura da proba
Sistema de Cualificación e Nota de Admisión
Información Xeral: Comisión Interuniversitaria de Galicia
Recentemente varios alumnos do IES Maximino Romero de Lema foron galardoados en certames de Poesía e Relatos.
Concretamente, trátase de:
- Darío Miranda Pastoriza, alumno de 4º ESO que recibiu o 2º Premio no Certame de Poesía Rosalía de Castro.
- Nuria Vilariño Lema, alumna de 1º ESO B que resultou premiada no Certame de Relato da Fundación Fernando Blanco de Cee.
Parabéns aos alumnos premiados.
O 80 % do alumnado do Ciclo de Sistemas Microinformáticos e Redes, acada un contrato laboral nas empresas nas que levaron a cabo as prácticas da FCT.
Cabe destacar que esta procentaxe chega ata o 100%, se atendemos ao alumnado que cursou o Ciclo de SMR íntegramente no IES Maximino Romero de Lema.
Tanto o alumando como as empresas colaboradoras, agradecen a calidade da educación recibida.
Parabéns ao profesorado do Ciclo Formativo de SMR involucrado na formación do alumnado.
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca prazas para alumnado que remata os seus estudos de ESO para asistir a un Campus de Profundización Científica en Soria durante o mes de xullo de 2013.
Prazo aberto dende o 3 de xuño ata o 13 de xuño.
Mais información:
Ministerio de Educación, Cultura e Deporte
A Consellería de Cultura, Educación e O.U. ven de convocar 705 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013.
Prazo aberto dende o 23 de marzo ata o 22 de abril (incluído).
Mais información:
axudasle
O alumno do noso Centro Darío Miranda Pastoriza de 4º ESO, resultou gañador no Certame Literario Rita Suárez Amado, que organiza o IES Eusebio da Guarda.
Parabéns Darío!.
Nova sección na Web, adicada á Mediación Escolar, onde podedes atopar información de interese sobre este tema.
Convocatoria ordinaria de Probas de Acceso a Ciclos Formativos de Grao Medio e de Grao Superior de Formación Profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o ano 2013
Prazo de inscrición nas probas de acceso:
Máis información en: