FacebookSíguenos en YouTube

Novas Alumnado

Alumnos do IES Maximino Romero de Lema galardoados

Premios


Recentemente varios alumnos do IES Maximino Romero de Lema foron galardoados en certames de Poesía e Relatos.

Concretamente, trátase de:

- Darío Miranda Pastoriza, alumno de 4º ESO que recibiu o 2º Premio no Certame de Poesía Rosalía de Castro.

- Nuria Vilariño Lema, alumna de 1º ESO B que resultou premiada no Certame de Relato da Fundación Fernando Blanco de Cee.

Parabéns aos alumnos premiados.

O 80% dos Titulados no Ciclo de FP do IES Maximino Romero de Lema acadan un contrato laboral

Emprego Informática


O 80 % do alumnado do Ciclo de Sistemas Microinformáticos e Redes, acada un contrato laboral nas empresas nas que levaron a cabo as prácticas da FCT.



Cabe destacar que esta procentaxe chega ata o 100%, se atendemos ao alumnado que cursou o Ciclo de SMR íntegramente no IES Maximino Romero de Lema.

Tanto o alumando como as empresas colaboradoras, agradecen a calidade da educación recibida.

Parabéns ao profesorado do Ciclo Formativo de SMR involucrado na formación do alumnado.

Convocatoria Campus de Profundización Científica. Alumnado de 4ºESO

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca prazas para alumnado que remata os seus estudos de ESO para asistir a un Campus de Profundización Científica en Soria durante o mes de xullo de 2013.

Prazo aberto dende o 3 de xuño ata o 13 de xuño.

Mais información:
Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

Actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013

A Consellería de Cultura, Educación e O.U. ven de convocar 705 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013.

Prazo aberto dende o 23 de marzo ata o 22 de abril (incluído).

Mais información:
axudasle

Un alumno do Centro premiado no Certame Literario Rita Suárez Amado

Premio O alumno do noso Centro Darío Miranda Pastoriza de 4º ESO, resultou gañador no Certame Literario Rita Suárez Amado, que organiza o IES Eusebio da Guarda.

Parabéns Darío!.

Nova sección de Mediación Escolar

Mediacion Escolar

Nova sección na Web, adicada á Mediación Escolar, onde podedes atopar información de interese sobre este tema.

Probas de acceso a Ciclos de Grao Medio e Superior

Probas de Acceso

 

Convocatoria ordinaria de Probas de Acceso a Ciclos Formativos de Grao Medio e de Grao Superior de Formación Profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o ano 2013

 

Prazo de inscrición nas probas de acceso:

  • Ciclos Formativos de Grao Medio: Entre os días 25 de febreiro e 8 de marzo de 2013, ambos os dous incluídos
  • Ciclos Formativos de Grao Superior: Entre os días 28 de xaneiro e 8 de febreiro de 2013, ambos os dous incluí­dos

Máis información en:

Departamento de Orientación

Formación Profesional

Conselleria de Educación

Distribuir contido