FacebookSíguenos en YouTube

A Pegada Invisíbel

O alumnado de 3º ESO participou no Congreso de Educación Ambiental Rede-Auga organizado polo CEIDA. Aquí tedes o vídeo que se presentou:

eTwinning: Concurso de Marcapáxinas Letras Galegas 2014

eTwinning


Concurso Marcapáxinas Letras Galegas 2014

O Alumno de 1º Ciclo de Sistemas Informáticos e Redes, Junior Pereira Grille,  resultou premiado cun Áccesit no concurso de Marcapáxinas Letras Galegas 2014, organizado polo IES San Clemente a través dun proxecto eTwinning.

Noraboa Junior!!

Programa de Becas de Formación Profesional

Feuga


Sesión informativa do Programa de Becas de Formación Profesional FEUGA


O venres 6 de xuño, ás 12:00 horas na Aula de usos Múltiples do IES Maximino Romero de Lema, celebrarase unha sesión informativa sobre o programa de becas de Formación Profesional organizado pola FEUGA e os Departamentos de Orientación e Informática do centro.

Este programa está destinado a facilitar a incorporación ao mercado laboral dos titulados nos ciclos formativos, polo que é de gran interese tanto para os titulados como para os que aínda non teñan decidido a súa formación académica.

Blogue Palabras de Pedra - Vila de Cruces

Palabras de Pedra

Palabras de PedraVisita o Blogue Palabras de Pedra, do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces, no que fan referencia á sua estancia no noso IES.

Accede facendo clic sobre a imaxe ou sobre este texto!!

SES ao vivo

SES ao vivoSES AO VIVO

NO IES Maximino Romero de Lema

Presenta o seu novo disco "Co Xenio Destrozado", o venres 30 de Maio ás 13:00H no Auditorio de Baio.

Podes consultar o cartaz completo facendo clic aquí.

A IX Semana Cultural na prensa

Prensa Semana CulturalA IX Semana Cultural na Prensa

O Xornal La Voz de Galicia, tivo un especial seguimento da IX Semana Cultural do IES Maximino Romero de Lema, celebrada os días 28, 29 e 30 de Abril de 2014.

Ver a publicación do Domingo 27/04/2014.

Ver a publicación do Luns 28/04/2014.

Ver a publicación do Martes 29/04/2014.

Ver a publicación do Mércores 30/04/2014.

Ver a publicación do Xoves 01/05/2014.

Distribuir contido