FacebookSíguenos en YouTube

A EMPRESA FINSA VISITA O IES MAXIMINO ROMERO DE LEMA

O 24 de xaneiro, estiveron cos alumnos de CM, 1º e 2º, Miguel Mouzo, Alex Prado e Jorge Nunes, da empresa FINSA. Miguel é o responsable de comunicación cos centros educativos da Financiera Maderera (Finsa). Alex é técnico no Departamento da TI ,mentres que Jorge é técnico do Departamento de RRHH.

 

Miguel deunos a conocer a esta empresa familiar, con sede en Santiago de Compostela, con máis de 8 fábricas en España e Portugal, e cerca de 3.500 empregados directos. Trouxo con él, mostras dos productos madereiros que fixeron e están a facer en todas as factorías. En todos os produtos, Finsa, emprega material novo e reciclado, buscando reutilizar os refugallos e aplicar moitísima innovación. O último dos seus éxitos comerciais son os "tableiros" en puzzle, con todas as calidades e cualidades necesarias, para construir en 5 dias unha casa completa, toda en madeira. 

Logo Alex e Jorge pasaron a temas máis concretos de informática, no que traballan, xunto con 40 compañeiros.

 

Un dos alumnos de 2º CM aportou o seguinte, sobre o acontecido: Inicialmente pensabamos todos que ía ser unha charla sobre tipos de madeira e utilidades con ela, pero chegou unha diapositiva onde todo era informatica. Vimos como todo esta automatizado, conectado e preparado para posibles incidentes ou fallos. Lévase a xestion completa con computadores e os sistemas de cortado, transporte e almacenamento necesitan de puntos de acceso para saber como traballar e dirixirse. Finalmente pola miña banda gústome moito saber que empréganse diferentes sectores da informatica para todo, e que ademáis son super importantes.

 

Na parte máis técnica da charla, explicouse o importante que resulta o tratamento da información na loxística das empresas, na automatización e monitorización dos procesos industriais. Faláronnos das tecnoloxías e metodoloxías de traballo que empregan a diario e de como implementan a trazabilidade dos pedidos que reciben, dende a súa recepción ata o seu reparto e facturación. Salientáronos que os tempos para os clientes son críticos e os números que manexan na súa produción cotiá non serían acadables de non ser pola informática. Amosouse ós alumnos: os sistemas operativos e aplicacións que se usan nun entorno real, bases de datos, linguaxes de programación nos que desenvolven os seus programas, despregue e integración continua de aplicacións e sistemas de control de versións cos que se traballa de forma colaborativa e deslocalizada.

 

Por último, o responsable de recursos humáns, explicounos as actitudes e aptitudes que máis valoraban nos perfís dos candidatos en procesos selectivo.