FacebookSíguenos en YouTube

Blogues

Máis actividades culturais en novembro

A Comisión de Cultura do IES Maximino Romero de Lema, xunto co alumnado de Artes Escénicas e Xestión Cultural de 1º BACH e o alumnado de Imaxe e Son e Igualdade de 2º BACH e o Club de Regueifa teñen o pracer de presentarvos a programación cultural para o mes de novembro:

- Mércores 20: Encontro Interxeracional de Repente Galego-Português
(12:45h a 14:25h no Salón de Usos Múltiples. Alumnado de primeiro e segundo da ESO, alumnado do Club de Regueifa (anexo) e convidadas/os do CEIP Labarta Pose e do CPI de Zas)

- Venres 22: Presentación do Proxecto-Disco “Ao Son Delas”
(11:35h na Biblioteca do IES. Alumnado de Artes Escénicas e Xestión Cultural e convidadas/os)

- Sábado 23: IV Foliada Solidaria e I Encontro “Ao Son do Rural”
19:00h Encontro “Ao Son do Rural” na aula Casa da Cultura.
21:00h no Auditorio de Baio “Foliada Solidaria”.
(Organiza o Alumnado de Artes Escénicas e Xestión Cultural. Colabora o alumnado de Imaxe e Son e Igualdade)

- Luns 25: Intervención Teatral e e presentación do video
Intervención Teatral (Alumnado de Artes Escénicas e Xestión Cultural e Igualdade nos corredores e espazos abertos do Centro durante os recreos)
Presentación video “Bágoas de Resío” ás 13:35h na Aula de Usos Múltiples.
(Presentado polo alumnado de Imaxe e Son aberto a toda a Comunidade Educativa)
Margarita Salas no quería cotas, e ti?" No primeiro recreo, na aula de Usos Múltiples o alumnado poderá facer valer a súa opinión. Tamén se poderá ver a presentación feita polo gañador do concurso sobre a vida desta gran científica (aínda se está a tempo de realizar propostas. Os interesados poden falar con Nuria no Laboratorio de Bioloxía).


- Martes 26: Teatro “It Girl”
(12:45h Auditorio de Baio. 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, FP Básica e 1º BACH)
(Saída do Centro as 12:25 acompañados do Profesorado correspondente. Se chove haberá autobuses)

Actividades na biblioteca. Mes de novembro.

O 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e desde a Biblioteca programamos un obradoiro dirixido ao alumnado de 3º e 4º da ESO coordinado pola Libraría Lila de Lilith “En Clave de Igualdade, O Botrato. Por unha vida libre de violencia machistas”.

Escolle música para o timbre sonoro

O Departamento de Música convídavos a toda a comunidade educativa a partillar os vosos gustos musicais para facer unha lista de reprodución para todo o curso. Deste xeito, poderemos ir mudando a música dos corredores cada 15 días. Animádevos a revisar as novidades discográficas que engadimos na discoteca do centro e recomendade cancións. Ou, de ser o caso, propoñede novas músicas para implementar a nosa oferta. A carón da Biblioteca, no corredor, hai un taboleiro para facer as vosas recomencacións musicais. E lembra... sen música o mundo sería moito máis gris.

Samaín 2019

O mércores 31 de outubro celebramos un ano máis  o tradicional Samaín na Biblioteca do Instituto. Este ano contamos cuns contacontos moi especiais: os alumnos do Club de Lectura de 1º e de 2º da ESO. Foron eles os que amenizaron e aterrorizaron nesta xornada tan especial, e fixeron gozar dunha velada de relatos aorredor do Samaín, da morte, do medo, do alén... a todo o alumnado de 1º e 2º da ESO. Nun primeiro momento leron tres albums ilustrados: O noso Samaín, Jack e a morte e, Dip, más allá de la oscuridad; e despois estívose traballando a oralidade contando contos de tradición popular sobre esta temática tan nosa. Tamén contamos cunha exposición de fondos relacionados con este día que todos puidemos ollar na entrada do Centro.

MÁIS INFO NO BLOG DA BIBLIOTECA>>

Magosto e Samaín

O vindeiro mércores, nas dúas últimas sesións (12,25-14,25), o alumnado de 4º da ESO organiza as actividades do Samaín e Magosto. Coma sempre venderán produtos (saúdables) no posto que terán enfronte da cafetaría e tamén repartirán gratuitamente castañas para todo o alumnado e profesorado. Así mesmo organizarán competicións deportivas no patio cuberto. Estas actividades están abertas a todos os cursos quedando á elección do profesorado de 2º Bach. e Ciclos se participan ou non.

Programacións didácticas 2019/2020

Xa é posible consultar as programacións didácticas das distintas disciplinas que se imparten no noso Centro. 

ACCEDE AQUÍ

Samaín na Biblioteca

Desde a Biblioteca queremos informarvos de que o próximo mércores 30 de outubro de 10:45 a 11:35 horas haberá unha lectura ambientada no Samaín para o alumnado de 1º e 2º da ESO.

Distribuir contido