Poesía de Filomena Fraga adicada á súa filla, a nosa compañeira, querida e lembrada, Marga Lesta Fraga, falecida hai un ano, a finais de maio de 2012:
A Margarita
Tiñas nome dunha flor,
a nosa flor preferida,
o xardín quedou deserto,
sin a flor da margarita.
Eras todo para todos,
boa esposa, boa nai,
boa irmá
e boa filla.
Eras o sol que nos quentaba,
eras a alba do día,
eras o manancial da fonte,
onde a familia bebía.
Eras o anxo da garda,
que a todos protexías,
recibías ós que chegaban,
despedíalos cando se ían.
Amiga dos teus amigos,
nunca a ninguén ofendías,
agora síntense orfos,
ó non estar ti, Margarita.
Eras o puntal da casa,
eras a paz da familia.
¿Como hei vivir sin ti
o que me queda de vida?
¡Milla filliña querida!
Filomena Fraga Rey Decembro 2012