CONCERTO DIDÁCTICO PARA O ALUMNADO DE 3º de ESO

 

2º Concerto do IV ENCONTRO

IES “Mestre Landín” (Marín)

IES “Antón Losada Diéguez” (A Estrada)

(3º ESO)

 

 

Programa día 8 de maio 2013

 

 

  • Mía yrmana fremosa” (Martín Codax) IES “Antón Losada Diéguez”

  • Quen a amagen” (Afonso X) IES “Mestre Landín”

  • Balada do VII sois” (Llivre Vermell) IES “Mestre Landín”

  • Santa María Estrela do Día” (Afonso X) Común aos dous centros.

 

 

  • Branle” (danza renacentista) IES “Antón Losada Diéguez”

  • Romeo e Xulieta” (Zeffirelli) IES “Mestre Landín”

 

  • O son do ar” (Luar na Lubre, Bieito Romero) IES “Antón Losada Diéguez”

 

  • Canon” (Pachelbel) IES “Mestre Landín”

  • Aria de Rinaldo” (Versión instrumental) Común aos dous centros.

 

 

 

DEPARTAMENTO DE MÚSICA

CONCERTO-CONFERENCIA

 

PROGRAMA CONCERTO-CONFERENCIA

2 de maio de 2013

Cantares Galegos

Rosalía de Castro-Cantos e romances de Galicia

 

 

Airiños, airiños aires (CF 129-Rosalía de Castro)

Has de cantar (CF 64-Rosalía de Castro)

Adios rios, adios fontes (CTB 357-Rosalía de Castro)

 

Axudademe a cantare (tradicional)

Levaime amor (Luis de Milán, s. XVI)

Falai miña amor (Luis de Milán, s. XVI)

 

Campanas de Bastabales (CF146, CTB 185-Rosalía de Castro)

 

Folías gallegas (Santiago de Murcia, s. XVII)

Ábreme a portiña (canto de cego)

 

Vente sentar ó meu lado (tradicional)

Mais ó que ben quixo un día (Paxariños que voades, popular-Rosalía de Castro)

Gaitas (Ruiz de Riballaz, s. XVII)

Unha noite vindo do muiño (tradicional)

 

Cantan os galos pra o día (CTB 113)

Eu ben vin estar o moucho (CTB O demo cando rabea-Rosalía de Castro )

 

 

Fontes para os Cantares Galegos:

Cancioneiro Galego. Eduardo Martínez Torner e Jesús Bal y Gay (CTB)

Cancionero Musical de Galicia. Casto Sampedro y Folgar (CCS)

Colección Feijoo. En Aires da Terra. La poesía musical de Galicia. J.L.Calle (CF)

 

 

 

INTÉRPRETES:

Mercedes Hernández: soprano

Fernando Reyes: tiorba, guitarra barroca. Dirección.

 

 


CURRICULUMS:

 

Mercedes Hernández nace en Santiago de Compostela. Estudia canto, especializándose en música antiga, no Conservatorio de Toulouse (Francia), na Musikhochschule de Trossingen (Alemania), e na Schola Cantorum Basiliensis (Basilea-Suiza) con profesores como Guillemette Laurens, Richard Levitt e Montserrat Figueras. Colabora en concertos e grabacións con destacados grupos como La Capella Reial de Catalunya, que dirixe Jordi Savall, Le Parlement de Musique, dirixido por Martin Gester, Ensemble Elyma, con Gabriel Garrido, The Harp Consort con Andrew Lawrence King, La Fenice con Jean Tubery, etc., tendo actuado en moitos dos principais auditorios e festivais de Europa e América. En canto á ópera, en 2002 debuta no Gran Teatre del Liceu de Barcelona co rol de Ninfa da ópera de Claudio Monteverdi L'Orfeo dirixida por Jordi Savall.

 

 

Fernando Reyes inicia a súa formación musical como neno cantor na Escolanía da Catedral de Santiago de Compostela. Especialízase nos instrumentos antigos de corda pulsada no Conservatorio de Toulouse (Francia) e na Staatliche Hochschule für Musik de Trossingen (Alemaña). Como instrumentista realiza unha intensa actividade de concertos e gravacións como solista ou acompañante ao longo de toda Europa. Alén diso, compuxo e dirixiu a música de diversas obras teatrais e publicou varios artigos sobre música antiga, guías musicais e libros-CD. Impartiu numerosos seminarios, cursos e conferencias en diferentes universidades e centros de ensino europeos. Con Mercedes Hernández grava Tonos de Amor dedicado ás canción para voz e guitarra de José Marín (S. XVII). Con Mercedes Hernández funda o grupo de música antiga RESONET en 1990 co que realiza numerosos concertos en prestixiosos festivais e auditorios de toda Europa, e dedica grande atención á música relacionada con Galicia e co Camiño de Santiago. Gravaron: La Grande Chanson: cancións dos peregrinos de Francia, s.XVII; Santiago!: música e peregrinacións no Renacemento; Les Pellerines: a moda da peregrinación en Francia, s.XVII; Il Pellegrino: a viaxe de Cosme III de Medici,1668; Canto de nadal ; Cantares Galegos-Rosalía de Castro, Canto de Ultreia: Codex Calixtinus-Cantos de peregrinos: Músicas para as festas de Santiago, século XII; Festa Dies, músicas para a consagración da Catedral de Santiago, 1211 e A peregrina: cantos e romances nos camiños de Santiago.

 

 

 

 

Exposición fotográfica de Samuel Goldar

O vindeiro venres, 26 de abril, a sala Novagalicia Banco abre as súas portas para mostrar a exposición fotográfica Paisaxe galega con mirada estradense: unha viaxe polos tesouros de Galicia. O autor, o estradense Samuel Goldar, plasma mediante fotografías un percorrido pola xeografía galega, retratando dende paisaxes da natureza máis perdida ata elementos da arquitectura máis controvertida de Galicia.

O obxectivo desta exposición é dobre: por un lado, dar a coñecer a súa primeira obra como fotógrafo, e por outra transmitir unha lección de ánimo aos mozos que, nestes tempos nos que a busca de saídas laborais se volve frustración.  Para iso, a exposición tamén vén a contar unha historia, a historia do xurdimento dunha paixón oculta pola arte da fotografía, tan de moda nesta época na que o visual cobra atractivo grazas ás redes sociais e das tecnoloxías da información en xeral xunto co auxe da fotografía dixital.

Autodidacta dende o primeiro día

Sen ciclo de Formación Profesional, sen cursiños intensivos de verán, sen máster especializado, sen título que rece: ‘FOTÓGRAFO TITULADO’ pero cunha formación máis modesta da man da súa vontade e esforzo. Así se resume a traxectoria de Samuel no mundo da fotografía que comezou en marzo de 2010. Durante estes tres anos, Goldar compaxinou a vida universitaria – estuda Grado en Administración de Empresas na Universidade Santiago de Compostela – coa súa paixón pola fotografía. Moitos viaxes por toda Galicia, moitas horas de lectura e moitas máis de práctica. A axuda de outros compañeiros con máis experiencia a través de internet complementaron a súa bagaxe. Tres anos despois, Samuel dá un paso adiante na súa traxectoria celebrando esta exposición co gallo de someter o nivel acadado á valoración e opinión do público en xeral, facendo fincapé na mocidade á que lles dirixe esta mensaxe: “non existen limitacións cando se desfruta traballando con constante interese e renovación”.

23 de abril: Día do Libro

 

23 de abril: Día do Libro

Para celebrar o Día do Libro, desde a Biblioteca e o Club de Lectura, coa colaboración de Avelaíñas Teatro e a Vicedirección de Actividades Extraescolares:

Exposición de ‘libros de todo tipo’ no corredor da biblioteca.

Exposición e venda de libros na entrada do Instituto, a cargo da libraría Alberte Quiñoi.

- Proxección dunha Galería de Lectores e Libros na Biblioteca.

Lectura gravada en vídeo de O Principiño (70 anos), por parte do alumnado que se presente voluntario e que recibirá como agasallo un vale de 1€ para consumir na cafetaría.

Komandos poéticos dos Retelladores/as do Galiñeiro percorrerán as aulas do Centro, agasallando ao alumnado coa lectura de poemas.

- Actividade de animación á lectura na Biblioteca, desenvolvida por Avelaíñas teatro, no que participarán por quendas os distintos grupos.

Actuación-obradoiro de rap, de Didaco. Ás 15 horas, no salón de actos, para o alumnado do Club de Lectura, de Avelaíñas teatro e invitados.

cartel23abril

A xira do grupo de teatro do Losada: Avelaíñas teatro

Este sábado comezou en Palas a intensa xira do noso grupo de teatro. Aquí tedes todas as datas, aínda que non esteades cerca, e un evento ao paga moito a pena.DSC_00413

SÁBADO, 13 DE ABRIL: Na V Mostra de Teatro Escolar que se celebra en abril e maio na Casa de Cultura de Palas de Rei. Haberá un roteiro teatral polo interior e polos arredores do Castelo de Pambre.

MARTES, 23 DE ABRIL: Nas bibliotecas do I.E.S. Antón Losada Diéguez e do I.E.S. Manuel García Barros da Estrada. Animación á lectura.

MÉRCORES, 24 DE ABRIL: Visita á Escola Superior de Arte Dramática de Galicia en Vigo, Museo da palabra e Museo do mar.

SÁBADO, 27 DE ABRIL: Na I Mostra de Teatro que organiza o I.E.S. Antón Losada Diéguez, no Teatro Principal da Estrada. Haberá un roteiro teatral na aldea de Ouzande.

MARTES, 7 DE MAIO: No Festival de Teatro Agrelo Hermo de Muros, ás 12:00 horas para público escolar.

SÁBADO, 11 DE MAIO: Na VI Mostra de Teatro Escolar de Touro. Haberá un roteiro teatral no Pazo de Andeade. 

15, 16, 17, 18 E 19 DE MAIO: En Chaves, Idanha A Nova, Idanha A Velha, Monsanto e Penha García (Portugal); no Teatro Romano de Mérida... Estas actuacións irán enmarcadas nunha viaxe con marcado carácter didáctico por cidades como Cáceres, Mérida, Madrid…

SÁBADO, 1 DE XUÑO: Na VI Mostra de Teatro escolar de Laxe, TEATRAPA. Haberá un roteiro teatral no núcleo urbano e na praia de Laxe.

No Festival de final de curso do I.E.S. Antón Losada Diéguez da Estrada en xuño.

Os de 1º de Bach na neve

Os de 1º de Bach na neve (marzo 2013) on PhotoPeach