Alumna do Losada seleccionada nun campus científico

A nosa alumna de 1º bacharelato, Sheila Carbia Tejo, foi seleccionadada entre máis de 4000 aspirantes para participar nun campus científico durante o mes de xullo na Universidade de Murcia (Campus Mare Nostrum). Sheila incorporarase ao proxecto Alimentos para una vida saludable con una visión científica do Departamento de Tecnoloxía dos Alimentos, Nutrición e Bromatoloxía desta universidade xunto a outros estudantes de toda España.

 

Estes campamentos están organizados pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología para fomentar o interese pola ciencia e iniciar aos alumnos de 4º ESO e Bacharelato no traballo científico; ademais, ao aloxarase nunha residencia universitaria,  achéganse á que será no futuro a súa vida de estudante.

Parabéns a Sheila e aos seus profesores!

 

Gran éxito do II Festival de Teatro Escolar da Estrada

O II Festival de Teatro Escolar da Estrada, organizado pola Aula de Teatro do IES Antón Losada Diéguez foi todo un éxito. 156 actores e actrices de catro Aulas de Teatro (Laxe, Palas de Rei, Touro e A Estrada) encheron de vida, fantasía e alegría as rúas da Estrada. Parabéns a todas e todos.

http://www.catrogatos.com/2014/05/derroche-de-fantasia-nas-ruas-da-estra...

http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2014/05/05/estrada...

2º CONCERTO do V ENCONTRO MUSICAL

O 26 de febreiro de 2014 o alumnado de 3º da ESO participa no segundo dos concertos pertencentes ao V ENCONTRO MUSICAL. Nesta ocasión a cita é no IES "Mestre Landín" (Marín). O programa realizado abrangue tres pezas relacionadas coa Historia da Música e unha peza de Música Popular. Son as que seguen por orde de actuación:

1- "Branle" de P. Phalèsse (s. XVI)

2- "Stella Splendens" do Llivre Vermell (s. XIV)

3- "Rosa das Rosas". Cantiga de Santa María de Afonso X, O Sabio (s. XIII)

4- "Miñas cousas". Canción tradicional galega.

 

Parabéns polo traballo realizado e ánimo para seguir mellorando nos próximos concertos...

 

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

V ENCONTRO MUSICAL

Aquí vos deixo os videos da actuación do alumnado de 2º de ESO e 4º de ESO no V ENCONTRO MUSICAL, realizado no Salón de Usos Múltiples do noso centro o 5 de febreiro de 2014.

Como sabedes, este é o quinto ano que organizamos os concertos conxuntamente os Departamentos de Música do IES "Mestre Landín" de Marín e do noso centro. Parabéns polo traballo realizado e ánimo para continuar mellorando!!!

 

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.