V ENCONTRO MUSICAL "IES Mestre Landín" (Marín) e IES "Antón Losada Diéguez" (1º Concerto)

 

 

V ENCONTRO MUSICAL

 

IES “MESTRE LANDÍN”

E

IES “ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ”

 

CURSO 2013-14

 

ALUMNADO DE 2º e 4º de ESO

 

5 de febreiro de 2014

Salón de Usos Múltiples

 

 

DEPARTAMENTO DE MÚSICA

Concursos 25-N: 'NO AMOR NON VALE TODO'

Por terceiro ano a Vicedirección, a Biblioteca e o Club de Lectura do IES Antón Losada convocan os concursos de ‘relato curto’ e ‘fotografía’ co gallo do 25-N (Día da Non Violencia contra as Mulleres). O lema deste ano é NO AMOR NON VALE TODO.

Convocatorias 25 N.docx by retelladores

Día da Biblioteca: venres 25

Aínda que o Día da Biblioteca é o 24, este ano trasladamos a celebración ao 25, xa que coincide coa folga convocada por toda a comunidade educativa contra a LOMCE, unha lei que dirixe a educación no sentido contrario ao que debe de ser unha Biblioteca escolar, digna de tal nome. Nós queremos unha educación crítica, de calidade, que garanta a igualdade de oportunidades, que forme cidadáns responsables que contribúan a mellorar a sociedade na que viven, e na que o auténtico obxectivo sexa o benestar de todas/os e cada un/unha dos alumnos e alumnas.

Para ese día temos previstas as seguintes actividades:

-          Xornada de portas abertas para as familias. Durante a mañá do venres recibiremos ás nais e pais do alumnado, ensinándolles a Biblioteca e animándoos a facer uso dos seus fondos.

-          Distribuiremos entre as persoas que nos visiten e o alumnado en xeral unha breve Guía de Uso da Biblioteca, onde se lle explicará como se organiza a biblioteca, como consultar o catálogo e como solicitar un documento.

-          Faremos visitas guiadas para o alumnado de 1º da ESO, onde se lles explicarán as normas básicas de funcionamento e se realizará algún exercicio. Tamén coñecerán e practicarán co programa de auto-empréstito do MEIGA.

-          Penduraremos na Biblioteca uns pósters con imaxes de África. O proxecto anual da Biblioteca xira arredor do tema: ‘África diversa’.

-          No expositor do corredor colocaremos libros, cómics, revistas e materiais audiovisuais que amosen que é posible ‘Ler ciencia na Biblioteca’.

-          Nos recreos desenvolveremos unha lectura continúa, gravada en vídeo, sobre a flora e a fauna africana.

-          Tamén nos recreos, o alumnado que o desexe participará na creación dun mural baixo o título ‘África é…’. Nun folio cada alumno escribirá ou debuxará o concepto que para el mellor define ao continente. Ao rematar, pegaranse os folios na parede exterior da biblioteca.

-          Ao longo da mañá a biblioteca ambientarase con música africana e proxección de imaxes de animais de África.

O alumnado que participe na lectura gravada e na realización do mural recibirá como agasallo un vale para tomar algo ‘na de Pili’.


Bacharelato semipresencial en reximen de adultos.

Lémbrase a tódolos interesados que o martes 22 remata o prazo para poder matricularse nestas ensinanzas.

Seguimos retellando

Os retelladores e retelladoras comezaron unha nova andaina, a terceira xa. O Club divídese en tres grupos, segundo a idade, aínda que sen ser compartimentos estancos.

Os máis novos, de 1º a 3º da ESO, leron uns contos africanos, xa que ‘África diversa’ é o título do proxecto da biblioteca para este curso, e repartíuselle o libro A escola dos piratas de Agustín Fernández Paz, quizais demasiado infantil para algúns.

Os de 4º da ESO a 2º de Bacharelato forman o chamado grupo dos ‘maiores’. Leron o relato da recente premio Alice Munro, Radicales libres, e levaron o libro El lector, de Bernhard Schlink.

E por último, temos tamén un grupo de ‘adultos’, no que poden participar pais e nais, profesorado, persoal non docente e alumnado dos Ciclos. O libro seleccionado para este grupo foi 84, Charing Cross Road, de Helene Hanff.

O grupo de ‘adultos’ reunirase o martes da última semana do mes (a partir de novembro) ás 18,15 horas, para comentar as lecturas escollidas. Os outros dous grupos reuniranse cada quince días, os martes de 15 a 16 horas, para comentar as lecturas e desenvolver outras actividades (lecturas en voz alta, ver vídeos e filmes, recitado de poesías, conta contos, etc.).

Ademais das reunións cotiáns, os retelladores e retelladoras participarán noutras actividades lectivas relacionadas coa lectura e a cultura en xeral, como encontros con outros clubs de lectura, saídas, actuacións, charlas, etc. Por suposto, o Club de Lectura terá un papel protagonista en todas as actuacións planificadas desde a Biblioteca.

Avaliación de diagnóstico

Informamos a comunidade educativa dos resultados das probas de avaliación de diagnóstico  que realizou o alumnado de 2º ESO en maio do curso pasado.
Aproveitamos para dar a noraboa o alumnado e profesorado implicado xa que as puntuacións obtidas foron moi satisfactorias.

EDUCACIÓN DE ADULTOS - Inicio de Curso 2013-2014

No seguinte ficheiro podes consultar as datas de comenzo de curso para a Educación de Adultos.