INICIO CURSO 2015/16

Premendo aquí podera obter información sobre o desenvolvemento do inicio de curso.
 

Datas exames setembro

As datas dos exames de setembro están dispoñibles no seguinte enlace:

Charla sobre "OS USOS DA VOZ NA AULA" por ISABEL PICHEL, coaching de voz!!!

O Departamento de Música organiza, en colaboración co Departamento de Actividades extraescolares, unha charla sobre a voz para todo o profesorado do centro interesado.

Será este xoves, 5 de febreiro de 2015 ás 16.00 h e terá lugar no salón de Usos Múltiples.

Leva por título: “Os usos da voz na aula” e será impartida por Isabel Pichelcoaching de voz.

Recentemente acaba de publicar un manual de axuda para coñecer a propia voz titulado: “A viva voz!” en formato cómic e dirixido a todos os públicos.

Probas libres para obtención título Bacharel

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.

DOG (nº13) (21 de xaneiro de 2015). Consultar texto íntegro.

Probas libres para obtención título ESO

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización

DOG (nº13) (21 de xaneiro de 2015). Consultar texto íntegro.