A Aula de Teatro do IES Antón Losada representa "Viaxe ao país da fantasía"

O grupo da Aula de Teatro do IES Antón Losada Diéguez da Estrada: “Avelaíñas teatro”, representa a súa primeira obra: “Viaxe ao país da fantasía”.

O grupo está formado por 39 alumnos e alumnas de distintos niveis educativos, dirixidos polo profesor Afonso García.

A obra, de 50’ de duración, é unha creación colectiva de teatro infantil-familiar, un heteroxéneo universo de situacións con fantasía, humor e reflexión. Catro historias que se entretecen a través da conexión co público e que teñen como temática o coidado e conservación da natureza.

Representacións (de balde):

-          18 de decembro ás 20 horas no Salón de Actos do IES Antón Losada

-          19 de decembro ás 21 horas no Teatro Principal da Estrada

-          20 de decembro en dúas sesións, ás 11 e ás 12, no Colexio de Figueiroa para o alumnado do Centro.

 

recitandocelsoemilio

Ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) réndelle unha homenaxe pública este mércores, 12 do 12 do 2012.

O Club de Lectura Retelladores do Galiñeiro súmase a iniciativa, convidando a todos os membros da comunidade educativa do IES Antón Losada a recitar o poema Deitado frente ao mar, na Biblioteca... ás 12. 

DEP. DE MATEMÁTICAS: CONFERENCIA DE ALBERTO COTO (22/11/2012)

 

   

 

 

 

O pasado 22 DE NOVEMBRO o departamento de MATEMÁTICAS organizou unha charla con Campeón do Mundo de Cálculo Alberto Coto.

Asisitiron os alumnos e as alumnas de 1º, 2º e 3º ESO que disfrutaron coa rapidez de cálculo de Alberto.

Para saber máis sobre Alberto Coto: http://es.wikipedia.org/wiki/Alberto_Coto_Garc%C3%ADa

A súa páxina oficial: www.albertocoto.com

Se tes interese en conseguir o libro publicado por Alberto Coto onde explica algúns dos seus trucos, podes porte en contacto con calquera dos profesores de matemáticas.

CONFERENCIA DO CAMPEÓN DO MUNDO DE CÁLCULO ALBERTO COTO

 

XOVES 22 DE NOVEMBRO 2012

HORA: 9:30 - 10:30

 

CURSOS: 1º ESO - 2º ESO - 3º ESO

Para saber máis sobre Alberto Coto: http://es.wikipedia.org/wiki/Alberto_Coto_Garc%C3%ADa

A súa páxina oficial: www.albertocoto.com

Pensar Políticamente o Presente

O departamento de Filosofía do IES Antón Losada Diéguez organiza un ciclo de charlas que teñen por obxeto reflexionar sobre os cambios políticos que veñen producíndose ao longo das últimas décadas en todo o mundo. As novas realidades sociais e políticas xurdidas da globalización e da multiculturalidade supoñen un importante desafío para as sociedades democráticas, e de aí nace a necesidade de pensar políticamente o presente.

Programa das xornadas

Día da Ciencia e da Tecnoloxía en GALEGO

No IES Antón Losada Diéguez, o profesorado de Ciencias (Ciencias, Física e Química, Tecnoloxía e Matemáticas) participa todos os anos dun xeito activo nas actividades que, de xeito común a todos o centros implicados de Galicia, se veñen celebrando todos os anos.
O Día da Ciencia en galego instaurouse como protesta contra o decreto de plurilingüismo que exclúe o galego do ensino das ciencias e da tecnoloxía.
üNa súa terceira edición escollénronse para centrar as actividades as figuras de Leonardo da Vinci e Ramón Verea
 

ACTIVIDADES DO III DÍA DA CIENCIA
DÍA 6 DE NOVEMBRO
Participación, con outros cen centros de Galicia, nunha videconferencia sobre física de partículas protagonizada por varios físicos galegos que traballan en experimentos do Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN) en Xenebra.
DÍA 15 DE NOVEMBRO
Charla sobre o inventor da calculadora Ramón Verea, nacido en Curantes (A Estrada), a cargo do seu biógrafo Don Olimpio Arca Caldas.
PRESENTACIÓN (.PPS) DO DÍA DA CIENCIA NO IES ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ
LIGAZÓNS DE INTERESE 
BLOG DO III DÍA DA CIENCIA EN GALEGO:

O dereito a gozar da ciencia en galego

 

http://www.cienciaengalego.org/drupal6/

PÁXINA DA COORDINADORA DOS EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php
I DÍA DA CIENCIA EN GALEGO (2010) http://cienciaengalego.org/index11.htm
BLOG CARTA XEOMÉTRICA

http://cartaxeometrica.blogspot.com.es/

LIBRO BIOGRÁFICO SOBRE RAMÓN VEREA ESCRITO POR OLIMPIO ARCA

MÁIS PÁXINAS SOBRE RAMÓN VEREA

Concursos 25-N 2012: NON! Só eu decido sobre a miña vida

Aquí tedes as base da segunda edición dos premios de fotografía e relato, e os carteis, deste ano. Animádevos a participar.

PREMENDO NESTA LIGAZÓN PODEDES LER AS CONVOCATORIAS CON MÁIS FACILIDADE: http://es.scribd.com/doc/112476077/Convocatorias-25-N-docx

 

Comeza o Ciclo de Cine e Literatura

A Biblioteca e o club de lectura Retelladores do Galiñeiro organizan, ao longo do curso, un Ciclo de Cine e Literatura. No Salón de Actos do IES Antón Losada Diéguez proxectaranse películas de calidade baseadas en obras literarias. A elección dos filmes correrá a cargo dos membros do Club de Lectura, primando as preferencias do alumnado, e a asistencia é aberta a todas as persoas da comunidade educativa e ás familias. Ao remate da película desenvolverase un coloquio entre os asistentes, que se estenderá tamén ás sesións do Club. Os pases faranse o luns pola tarde, ás 16,45 horas.

Neste trimestre as películas programadas son:

Big Fish, de Tim Burton, o 5 de novembro. Un filme onde a realidade e a fantasía camiñan xuntas, creando historias atractivas e  marabillosa de gran impacto visual. Baseada na novela Big Fish: A Novel of Mythic Proportions de Daniel Wallace (editorial Siglo XXI, en castelán). Entre os seus protagonistas están Ewan McGregor, Albert Finney, Billy Crudup, Jessica Lange, Alison Lohman, Steve Buscemi, Helena Bonham Carter e Danny DeVito. Para todos os públicos.

Pa Negre, de Agustí Villaronga, o 19 de novembro. Gañadora de 9 premios Goya, esta película ambientada na posguerra no campo catalán e moito máis cun filme político sobre a miseria moral da época. Baseada na novela homónima de Emili Teixidor, o director narra, con escenas de gran beleza, o descubrimento dun mundo adulto cheo de falsidade, por parte de Andreu, un neno inocente que se ve obrigado a renunciar aos seus principios morais para sobrevivir. Encabeza o reparto Francesc Colomer, secundado por Laia Marull, Eduard Fernández e Sergi López, entre outros. Para maiores de 12 anos, proxectarase en versión orixinal en catalán, con subtítulos en galego.