Skip to Content

Actividades escolares

Está mañá, dentro do Plan Proxecta 2021-2022: Por 365 días de respecto e igualdade, subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, representouse no salón de actos para o alumnado de 4º da ESO a peza Teatral "Golpes", coa actriz Estíbaliz Veiga. 

Esta obra, encadrada na Semana en contra das violencias do IES Johan Carballeira, visibiliza a escaleira de violencia que se pode crear a partir dunha relación desigual, representando a Pamela, unha muller que sobrevive ás violencias machistas e que conta a súa historia. Faino dun xeito directo, sen retoques, para facer reflexionar ao alumnado sobre a realidade vivida na súa pel e na de moitas.

Grazas, grazas e mil veces grazas.

Grazas a todas as persoas que hoxe acudistes connosco a reivindicar que a roupa non ten xénero, a loitar contra os estereotipos, a encher as rúas de cores e de liberdade.

Grazas aos medios de comunicación, ao concello, ao equipo de igualdade, pero sobre todo, grazas a todas as persoas que edición tras edición apoiades esta iniciativa. Sen vós, nada disto sería posible.

Sigamos enchendo o mundo de cores, de respecto e tolerancia. Sigamos loitando por un mundo mellor. Sigamos loitando porque todas podamos ser simplemente como queiramos ser.

Nesta ligazón poderás atopar todas as noticias de prensa, radio e televisión que fixeron eco do proxecto: https://wke.lt/w/s/jM7VvX

   

Magnífica formación con Paola Guimeráns! Videoxogos, tecidos electrónicos, pensamento  computacional, todo! 

Un millón de grazas!

Máis información no menú STEMbach da dereita.

Arrincamos co proxecto "Coñecendo as neuronas con anticorpos" no  STEMBach.

Achegámonos ata a Facultade de Bioloxía na UVigo para coñecer aos investigadores da universidade e planificar o proxecto.

Máis información no menú STEMbach da dereita.

Arrincamos co proxecto sobre astrobioloxía e habitabilidade explanetaria! Equipo  tardígrado!

Achegámonos ata a Facultade de Bioloxía onde empezamos a deseñar, xunto coa nosa titora, os primeiros experimentos que faremos con tardígrados para sometelos ás condicións ambientais de Marte.

Máis información no menú STEMbach da dereita.

Distribuir contido


by Dr. Radut