O venres 19 de maio publicouse no DOGA a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2023/24.
A solicitude presentarase preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (procedemento ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes remata o mércores 21 de xuño.
O alumnado que curse 1º de ESO no curso 2023/24, incluído no proxecto de educación dixital (E-DIXGAL), está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar.
Publicación de actos:
No taboleiro de anuncios da secretaría do centro, única e exclusivamente, publicaranse os seguintes actos:
- listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto.
- listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluías, indicando a causa de exclusión.
- relación provisional e definitiva de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar en que se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada ou a documentación de que carezan.
Asi mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave365 ou o certificado dixital.
Datas de publicación:
- Listaxes provisionais: 12 de xullo de 2023.
- Prazo de reclamación: 13 e 14 de xullo de 2023.
- Listaxes definitivas: 26 de xullo de 2023.