Concurso eduemprende Idea 2015 dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño
Comprende dúas modalidades:
- Modalidade A: ciclos de grao superior
- Modalidade B: ciclos de grao medio
A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.
O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais a partir do seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (DOG do 27 de maio de 2015)
Quen pode presentarse ao concurso?
Poderá participar o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
- Estar matriculado no curso 2014-2015 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño sostidas con fondos públicos.
- A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.
- Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
Premios
Premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.
- Modalidade A: ciclos de grao superior
- Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
- Asesoramento técnico do IGAPE.
- Dotación económica:
- 1º premio: 3.000 euros
- 2º premio: 2.000 euros
- 3º premio: 1.000 euros
- Modalidade B: ciclos de grao medio
- Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
- Asesoramento técnico do IGAPE.
- Dotación económica:
- 1º premio: 3.000 euros
- 2º premio: 2.000 euros
- 3º premio: 1.000 euros
Como participar
Os participantes deberán formar grupos de entre dúas e catro persoas e formalizarán a inscrición do seu grupo e do proxecto, no prazo establecido na correspondente convocatoria co código de procedemento ED523A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es .
Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado ED523A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. As solicitudes deberán dirixirse ao seguinte enderezo: Subdirección Xeral de Formación Profesional, San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Información e contacto
Para calquera dúbida referente ao concurso dirixirse a:
Asesoría de emprendemento.
eduemprende@edu.xunta.es
Teléfono: 981 54 65 64