Skip to Content

RESULTADOS DELF 2018

admin

 

 Por segundo ano consecutivo, temos unha boa nova que anunciarvos: os 8 alumnos e alumnas de Bacharelato que se presentaron ás probas do “Diplôme d'Études en Langue Française” (DELF) aprobaron e obtiveron uns excelentes resultados, polo que estamos moi contentos.

Dendo o curso pasado, o alumnado dos centros públicos da nosa comunidade pode obter o Diploma de Estudos en Lingua Francesa, na súa versión escolar, grazas a un convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Servizo de Cooperación e de Acción Cultural da Embaixada de Francia en España.

Estes diplomas oficiais, de validez indefinida, son expedidos polo Ministerio de Educación Nacional de Francia e son recoñecidos internacionalmente por máis de 170 países. No ámbito académico, favorecen a mobilidade estudantil internacional ao certificar o coñecemento en lingua francesa e o nivel B1, o que obtivo o noso alumnado, é obrigatorio en España para obter un grao universitario.

Por isto, felicitámolos dende aquí e animamos a todo o alumnado de Bacharelato que curse Francés o ano que vén e que aínda non teña este diploma a presentarse ás probas do nivel B1.

 



page | by Dr. Radut