CM Xestión administrativa

CM Xestión administrativa
Este ciclo formativo ten unha duración de dous anos académicos, con 410 horas de formación práctica en empresas que se desenvolverán no período marzo-xuño do segundo curso.  

Familia profesional:
Administración e xestión

Ciclo formativo de grao medio

Duración:
2.000 horas

Título que se obtén:

Técnico en xestión administrativa

 
Perfil profesional

 

Aprenderás a:

Realizar actividades de apoio administrativo no ámbito laboral, contable, comercial, financeiro e fiscal. Atención á clientela ou ás persoas usuarias, en empresas públicas e privadas, aplicando a normativa e os protocolos de calidade, de xei to que se asegure a satisfacción da clientela e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.

Poderás traballar en:

En calquera tipo de empresa, independentemente do seu tamaño e do sector de actividade, nomeadamente no de servizos, así como nas administracións públicas, ofrecendo apoio administrativo nas tarefas de administración e xestión das referidas empresas e institucións, e
prestándolle atención á clientela e á cidadanía.

Poderás traballar como:

Auxiliar administrativo/a, axudante de oficina, auxiliar administrativo/a de cobramentos e pagamentos, administrativo/a comercial, auxiliar administrativo/a de xestión de persoal, auxiliar administrativo/a das administracións públicas, recepcionista, empregado/a de atención á clientela, emprega do/a de tesouraría e empregado/a de medios de pagamento.

         
  Curso Módulos profesionais Horas  
  Formación e orientación laboral 107  
  Inglés 160  
  Operacións administrativas de compravenda 133  
  Operacións auxiliares de xestión de tesouraría 160  
  Técnica contable 133  
  Tratamento informático da información 267  
  Comunicación empresarial e atención á clientela 123  
  Empresa e administración 123  
  Empresa na aula 156  
  Operacións administrativas de recursos humanos 123  
  Tratamento da documentación contable 105  
  Formación en centros de traballo 410
 
         
 Voltar        Máis información...

Powered by Drupal - Design by artinet