Onte, venres, rematou o curso de MEDIACIÓN ESCOLAR no noso instituto (IES JOHAN CARBALLEIRA). Despois de moitos venres, un pequeno grupo de alumnos/as do centro chegou a acadar o título de mediador; xa temos mediadores! Seguro que para o próximo curso, cunhas duas ou tres sesións prácticas, podemos empezar a traballar na convivencia.
QUE É A MEDIACIÓN ESCOLAR?
A Mediación escolar é unha oportunidade que se brinda ás persoas cun conflito para sentar xuntas cunha ou dúas persoas neutrais, un ou dous membros do Equipo de Mediación, para falar do seu problema e intentar chegar a un acordo duna forma positiva, pacífica e construtiva.
É un proceso voluntario, confidencial e en ningún caso ameazante.
QUEN LEVA A CABO A MEDIACIÓN?
Os membros do Equipo de Mediación. Está constituído por alumnos previamente formados. Eles serán os que guíen o proceso e axuden a chegar a un acordo, co obxectivo final de seren os propios alumnos os que desenvolvan por enteiro o proceso.
CALES SON AS FUNCIÓNS DO EQUIPO DE MEDIACIÓN?
- Fomentar a comunicación entre as persoas afectadas por un conflito.
- Axudar ao esclarecemento do conflito a través do diálogo respectuoso.
- Promover a búsqueda de acordos que satisfaga a ambas partes. Regular o proceso de comunicación sen impoñer solución.
EN QUE SITUACIÓNS SE LEVA A CABO A MEDIACIÓN?
- Cando se detecte calquera conflito e as persoas implicadas, VOLUNTARIAMENTE, acepten a intervención do Equipo de Mediación: discusións entre alumnos/as, insultos e ameazas, amizades que se deterioran, situacións desagradables, etc.
- Cando a dirección do centro, ou algún profesor derive un caso de conflito a Mediación, sempre e cando as partes estean de acordo en participar.
EQUIPO DE MEDIACIÓN ESCOLAREnhoraboa aos novos mediadores escolares e moitas grazas por participar.