Skip to Content

Solicitude de melloras na pista de Skate

admin

Un grupo de alumnos e alumnas de 2º ESO do noso Centro foron recibidos no Concello este mércores 1 de xuño polo alcalde Félix Juncal para atender unha solicitude moi especial que fixeron a través dunha instancia presentada a semana anterior. O alumnado, coa axuda da profesora de Lingua Galega, Lucía Durán, redactou un escrito pedindo melloras na pista de skate. A resposta chegou rapidamente cunha reunión co alcalde onde se acordou que os rapaces presenten un proxecto coas propostas de mellora.



page | by Dr. Radut