Skip to Content

PROCESO DE SELECCIÓN ERASMUS

anafv

 

 

COMEZO DO PROCESO 

O proceso de selección para a mobilidade Erasmus comeza xa durante o voso primeiro curso nun ciclo superior (Administración e Finanzas ou Construcións Metálicas).

Durante ese primeiro ano, o coordinador Erasmus realizará charlas informativas coa finalidade de vos explicar en qué consiste o programa, os requisitos para participar, as vantaxes que implica para vosa formación e os dereitos e obrigas das partes implicadas.

Nestas primeiras reunións faráse unha sondaxe previa entre o alumnado, de cara a estimar o grao de participación dos grupos no programa. A partires da mesma, o centro realizará a súa petición de prazas Erasmus para o curso seguinte.

A fin de garantir un proceso igualitario e transparente, a petición de prazas farase de xeito equitativo para ambas familias profesionais, ou no seu caso, de conformidade a unha estimación proporcional ao número de persoas interesadas en cada un dos grupos. No caso de que nalgunha das familias profesionais non se chegasen a cubrir as prazas, éstas serán ofertadas ao outro grupo.

PROCESO DE SELECCIÓN

O proceso de selección de candidatos terá lugar no mes de xuño, durante o primeiro curso. 

Previamente, todos os interesados en participar deberán cubrir un impreso facilitado polo centro, indicando os seus datos persoais, formación, coñecemento de idiomas e a súa motivación para participar no programa. 

Adxunto a este impreso os candidatos deberán presentar o seu currículo Europass debidamente cumprimentado. Neste enlace atoparedes toda a información para elaborar este documento.

Todas as datas do proceso de selección serán anunciadas a través do blog e da web do centro.

No proceso de selección teránse como criterios de selección: o expediente académico  (valorado nun 30%), o nivel de coñecemento da lingua (valorado nun 30%) e o nivel de madurez, motivación e compromiso có programa (valorado nun 40%).

  • O expediente académico será valorado pola vosa nota media, obtida a partir da ponderación das notas finais en todos os módulos do 1º curso.
  • Proba de nivel de competencia lingüística: Será requisito imprescindible ter un nivel mínimo de coñecemento dunha lingua vehicular (inglés ou francés) equivalente ao B1 do MCER para as linguas. Para acreditalo teredes que realizar unha proba de nivel, que constará dunha proba escrita e unha entrevista persoal. Estas probas serán levadas a cabo polo correspondente departamento de linguas. Quedan exentos da proba aqueles que podan acreditar cunha certificación oficial a súa competencia lingüística.
  • Entrevista persoal: Consistirá nunha entrevista orientada a detectar o voso nivel de compromiso e madurez, así como as vosas expectativas e motivación de cara ao Erasmus. Esta entrevista será realizada polos membros do departamento de programas europeos.

Unha vez realizadas as probas, publicaránse as puntuacións obtidas por todos os candidatos, así como a listaxe de titulares e suplentes, a través da web e do blog do centro, establecéndose o prazo e o procedemento pertinentes para posibles reclamacións.



page | by Dr. Radut