Skip to Content

Donas de si

Donas de sí

Esta semana a prensa faise eco desta noticia producida na noso concello.

Recordamos as primeiras mulleres traballadoras na única baleeira de Morás. Elas tamén foron Donas de Sí.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/xove/2023/01/08/doce-mujeres-hicieron-historia-unicas-ballenera-moras/0003_202301X8C3991.htm

Donas de si. Felices festas

A responsable de Igualdade do noso centro preparou un Belén moi especial no que son as Raiñas Magas as que levan os regalos aos nenos e nenas dunha pequena vila.

Felices festas!!!

Plan Proxecta: Donas de si

Este curso decidimos renomear os corredores e as aulas do noso centro con nomes de científicas coñecidas.

Empezamos a nosa actividade investigando a vida e os éxitos científicos dalgunhas científicas galegas contemporáneas.

Aquí vos deixamos algúns dos traballos realizados.

Plan Proxecta: Donas de si

O próximo 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a violencia de xénero.

Para concienciar ao alumnado, o Departamento de Orietación e a coordinadora de Igualade, preparadon as seguintes actividades.

 

 

Plan Proxecta: Donas de si

Para celebrar o Día de Samaín e o Día das Escritoras, cada curso de ESO realizou un "Altar de Mortos" adicado a unha escritora galega. As elexidas foron Emilia Pardo Bazán, Xela Arias, Sofía Casanova, Emilia Pardo Bazán e María Mariño.

Para esta tarefa, adicáronse varias sesión de titoría a investigar sobre a autora escollida para realizar un altar personalizado.

Aquí vos deixamos os resultados.

Plan Proxecta: Donas de si

Durante o curso 2022-23 levaremos a cabo co alumnado da ESO o proxecto:

A pegada das mulleres na historia

Ao longo da historia foron moitas,as mulleres esquecidas e invisibilizadas por parte dunha sociedade totalmente patriarcal. Mulleres que co seu traballo silencioso contribuíron a termos hoxe unha sociedade mellor e máis xusta. Por este motivo, neste proxecto partimos da necesidade de darlle voz e visibilizar a todas as mulleres que forman parte no día a día do noso alumnado no nome de rúas, prazas e edificios e daqueloutras que pasaron pola historia de xeito máis silencioso.

Pretendemos axudar ao noso alumnado a descubrir un mundo de coñecemento que lles permita adquirir un pensamento crítico e unha olla da á sociedade en feminino, de tal xeito que desenvolvan un sentido igualitario entre os dous sexos dende unha óptica coeducativa.

Distribuir contido


by Dr. Radut