Skip to Content

CURSO 2010-2011

O 6 de maio imos ao Correlingua!

O venres 6 de maio das 10 ás 14:30 horas imos ao Correlingua en Burela!

 

O Correlingua é unha actividade que se celebra desde o curso 2000-2001, consistente en diferentes carreiras que se celebran en 14 vilas de Galicia, e na que se prevé unha participación de 45.000 rapaces e rapazas procedentes de 400 centros educativos.

As entidades organizadoras veñen realizando esta actividade escolar como proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego. Para este ano elexiuse como lema da actividade “En galego sempre somos", sinalando a importancia da lingua como mellor vehículo de expresión.

PROXECTO CLIMÁNTICA

DATA 15 DE ABRIL

12:00- 12:50: ACTIVIDADE CLIMÁNTICA. ALUMNADO: 1º CICLO MEDIO + 4º ESO (20 ALUMNOS/AS)

12:50- 13:40: ALUMNADO DE 1º ESO (20 ALUMNOS/AS). AULA DE 1º DE ESO

13:40 -14:30: ALUMNADO DE 2º ESO (18 ALUMNOS). AULA DE 2º CICLO DE INFORMÁTICA

7 de abril: DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

O IES Illa de Sarón de Xove celebra neste día un acto conmemorativo adicado ó Uso irracional dos medicamentos e todas as consecuencias que conleva. Dúas alumnas de 4º ESO farán unha exposición ó respecto a través dun power point, e o resto do I.E.S. elaborará pancartas publicitarias para transmitir a mensaxe.

Así mesmo os alumnos participarán nun concurso de trivial saudable” promovido polo Departamento de Orientación, no que se van entregar diferentes premios saudables:

  • unha minicadea para fomentar o ocio saudable. NORABOA DIEGO! Risa
  • un bono canxeable por artículos en tenda deportiva para favorecer o deporte. NORABOA MELISSA! Sorriso
  • dous lotes de froita como respresentación dunha alimentación sana. NORABOA SAFOUAN E SALOMÉ! Guiño

No río Regueira...

O xoves 24 de marzo parte do alumnado de 1º e 2º da E.S.O. fixeron unha ruta a a pé seguindo o curso do río Regueira. Inciaron a camiñata na Ponte do Carro: viron fontes, muiños, recolleron mostras de plantas e o lixo que atoparon ao longo do sendeiro, visitaron o Muiño de Casa Abad e a depuradora. Foi unha xornada moi gratificante onde todos e todas o pasaron moi ben.

 

  

Semana Branca

Dende o luns 21 ata o venres 25 de marzo, 39 alumnos de 1º, 2º e 3º da E.S.O.  están a disfrutar da Semana Branca en Boí Taüll. Prema no enlace se queres consultar a webcam da estación:  http://www.boitaullresort.com/es/estacion/webcam.html

LIPDUB IES A FONSAGRADA "The Final Countdown - Europe"

Hai algúns anos que o Departamento de Normalización Lingüística do noso centro levou a cabo un Intercambio co I.E.S. Fontem Albei de Fonsagrada. Deixámosvos hoxe o enlace a actividade plantexada dende o Grupo de Traballo da Biblioteca  para explicar a C.D.U. (Clasificación Decimal Universal: sistema de clasificación do coñecemento que consiste en dividilo en dez grandes campos que permiten ordear e catalogar as obras nunha biblioteca). Trátase dunha especie de xogo onde o espectador debe ir identificando nas esceas os números e cores alusivos ás diferentes áreas temáticas.

Recoñeces a algún alumno? e profesor?

https://www.youtube.com/watch?v=95faQ1eANwg&feature=player_embedded 

RETOALCOA: premiado o Proxecto "Plásticos solidarios"

 

Alumnos do Ciclo de Sistemas Microinformáticos e Redes participaron na IX Edición do RetoAlcoa. Prema no enlace para coñecer a clasificación final da provincia de Lugo: http://www.retoalcoa.com/documentos/Lugo.pdf

 Dentro deste proxecto naceu unha nova actividade, que consistiu en que os alumnos realizasen un Proxecto empresarial baseado en 4 aspectos principais: espíritu emprendedor, innovador, responsable co medio ambiente e socialmente responsable.

  Prema no enlace para consultar o proxecto premiado, PLÁSTICOS SOLIDARIOS,  do equipo QUELPEZZ formado por alumnos de S.M.E.R. do Centro:: http://retoalcoa.blogspot.com/2011/03/tu-empresa-resonsable.html

NORABOA!!

Plan Acción. Fundación ALCOA. NOVAS FOTOGRAFÍAS!!

O VENRES 18 de MARZO ás 16 horas tivo lugar no Centro unha "Plantación e apadrinamento de árbores autóctonas en colaboración cos alumnos franceses do Intercambio Lingüístico Xove/ Polly-Lez-Gien" dentro do PLAN ACCIÓN DA FUNDACIÓN ALCOA.

Para levar a cabo dita actividade formáronse os equipos seguintes:

  • Plantación, abono e riego de árbores autóctonas.
  • Colocación de fichas informativas das especies que se plantan co nome do alumno/a que apadrina a árbore.
  • Ornamentación da base das árbores.
  • Gravación de imaxes para a elaboración dun vídeo divulgativo.
  • Organización no Centro.

 Colaboran : voluntariado Alcoa; Concello de Xove; padres, alumnos e profesores do Centro.

 Para coñecer os participantes e os distintos equipos prema no arquivo adxunto.

 

PROGRAMA DE ANTROIDO

O xoves 10 de marzo das 12 ás 14:30 horas celebraremos o ANTROIDO no centro; consulta o programa no arquivo adxunto:

 

OBRADOIRO DE INICIACIÓN AO COMIC

O 23 de febreiro tivo lugar no Centro un OBRADOIRO DE INICIACIÓN AO COMIC  ás 16:30 horas, organizado polos Departamentos de Normalización Lingüística do I.E.S. Illa de Sarón e do I.E.S. Marqués de Sargadelos.

Distribuir contido


by Dr. Radut