Skip to Content

CURSO 2010-2011

Charla informativa "RISCOS DE INTERNET"

O martes 1 de marzo as 12 horas tivo lugar, para los alumnos de S.M.E.R.,  unha CHARLA INFORMATIVA sobre os RISCOS DE INTERNET impartida polos responsables do PLAN DIRECTOR DA CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE ESCOLAR.

SEMINARIO DE MOTIVACIÓN EMPRENDEDORA

O MARTES 8 de FEBREIRO tivo lugar en AUDIOVISUAIS un SEMINARIO DE MOTIVACIÓN EMPRENDEDORA dirixido aos alumnos de 4º de E.S.O. e 1º  de S.M.E.R. das 12 ás 14: 30 horas

SAÚDE E BELEZA NATURAL

O mércores 22 de decembro tivo lugar no Centro, dentro do Proxecto de hábitos saudables, un OBRADOIRO DE BROCHETAS DE FROITAS que foron elaboradas polos propios alumnos. Deixámosvos fotos do momento da degustación das mesmas.

 

 

Promoción do "V Circuito Galego de Maxia 2010"

Hoxe martes 21 de decembro terá lugar no Centro a promoción do "V Circuito Galego de Maxia 2010", que se vai desenvolver en Xove o vindeiro 30 de decembro

PREVENCION DO ABSENTISMO ESCOLAR

O mércores 22 a partir das 12 horas e dentro do Programa de apertura do Centro á comunidade educativa en colaboración có Concello de Xove, terá lugar unha xornada para o alumando da E.S.O. sobre a PREVENCIÓN DO ABSENTISMO ESCOLAR.

Primeiro programa de Radio Sarón.

Fai click na ligazón para escoitar o primeiro programa de Radio Sarón feito polos alumnos de 4º ESO.

SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO CUNHA DIVULGACIÓN SOBRE DARWIN

Os alumnos do noso Centro, xunto cos alumnos do I.E.S.  Marqués de Sargadelos de San Cibrao celebraron a Semana da Ciencia en Galego cunha divulgación sobre Darwin: xuntámonos  no salón de actos da Casa da Cultura de San Cibrao para ver a obra de divulgación científica “Discurshow Matarratos Darwin”, posta en escena polo científico Xurxo Mariño e o actor Vicente de Souza.
Trátase dunha representación multimedia que engaiola a pequenos e grades para aprender cousas da ciencia pasándoo ben. A través de imaxes, sons, representación teatral e discurso contan a aventura do Beagle, da súa tripulación, dos indíxenas e do científico naturalista Darwin de como chega ás conclusións para establecer a teoría da evolución das especies.
É unha impresionante posta en escena cun contido didáctico e motivador que fai que os alumnos participen e aprendan de forma lúdica contidos académicos fundamentais para entender o mundo no que vivimos.

25 de novembro: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

ACTIVIDADES PREVISTAS

1. ESCOITA DO PROGRAMA ESPECIAL DE RADIO SARÓN SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO:

1º e 2º, ÁS 9:50, NA SALA DE AUDIOVISUAIS

3º , 4º e 4º de PDC , ás 10:40 NA SALA DE AUDIOVISUAIS

2 . ACTO COA ASOCIACIÓN DE MULLERES BOLBORETAS E REPRESENTANTES DO CONCELLO DE XOVE NO VESTÍBULO ÁS 12:00

SAÚDE E BELLEZA NATURAL

Dentro do PROXECTO DE HÁBITOS SALUDABLES  que levaremos a cabo ao longo de todo o curso con actuacións varias dende as titorías e as diferentes áreas do currículum, hoxe tivo lugar un "almorzo saudable" no tempo de lecer. No Centro repartiouse froita de temporada gratuitamente á comunidade educativa xunto con carteis informativos das propiedades e ventaxas de consumir a mesma.

 

O MAGO CALI PRESENTOUNOS "CONTOS POR PALABRAS"

O xoves 4 de novembro, ademais de celebrar o DÍA DA CIENCIA EN GALEGO, os alumnos de 1º e 2º de E.S.O. asistiron no Salón de Actos do Concello de Xove ao espectáculo do MAGO CALI: CONTOS POR PALABRAS, baseado na obra de AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ do mesmo título.

Distribuir contido


by Dr. Radut